Quem sou eu

Minha foto
Somos un grupo de segundo de bacharelato (IES Manuel Murguía de Arteixo, A Coruña) que compartimos a materia de Historia e Xeografía da Galiza, e que chegamos á conclusión de que facermos un blogue desta temática era a mellor maneira de contribuirmos á difusión deste material, área e materia, para así os alumnos podérmonos dispor dunha serie de materiais propios (textos, xeografía, temas de historia monográficos, material gráfico engadido) que favorecesen un maior coñecemento da nosa propria Historia, difundíndoa e dándoa a coñecer a un maior número de persoas interesadas, tanto no nivel do ensino como no ambiente exterior e máis popular. Sairmos das aulas e espallar a nosa memoria, hoxe descoñecida entre bosques, eras de tronos e restos pétreos de mosteiros, os de antes e os de agora.

sábado, 12 de maio de 2012

Início

Nove alanos recoméndache que visites lares como o Castelo de San Antón, unha capela dedicada a San Antón, na que se recollía aos navegantes aquexados do mal gangrenoso "Lume de San Antón". Este illote foi máis tarde empregado como lazareto, lar de confirmamento dos viaxeiros sospeitosos de padecer lepra. As obras de construcción do castelo de San Antón comenzaron en 1587, como indica unha inscripción situada xunto ó escudo do marqués de Cerralbo na portada da fortaleza. Durante o ataque inglés de Francis Drake en 1589, o castelo que estaba en fase de construcción defendeu eficazmente coa súa artillería a muralla da cidade. O rei Felipe II ordeou  que se acabara o forte, baixo a dirección do enxeñeiro Rodríguez Muñiz.
Tra-lo ataque de 1639, no que a escadra francesa asediou a cidade, a bahía coruñesa quedou protexida polos fogos cruzados dos castelos de San Antón e San Diego (hoxe desaparecido). Tras este ataque o marqués de Valparaíso propuxo a Felipe IV a reforma da fortificación, que concluiría no século XVIII, cando o enxeñeiro Antonio López Sopeña construiu a Casa do Gobernador coa súa pequena capela neoclásica no exe da composición do edificio.
No século XX uniuse a terra, deixando de ser unha isla. En 1960 o ministerio do Exército o cedeu á Casa do Concello, tras 
unha longa etapa como prisión militar. En 1964 convertiuse en Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña. 




Aquí vos deixamos unha ligazón para que lle botedes un ollo e non vos olvidedes de visitalo! --> 
http://www.youtube.com/watch?v=zGG7gYKsaMI


Por: Iria Rodríguez Herrador

Nenhum comentário: