O mosteiro, que ten 800 anos, escóndese nas terras de
Becerreá.
PENAMAIOR, ILUSTRE DESCOÑECIDO.
As veces hai lugares e monumentos que, sen saberse moi ben o
porqué, caen nun inxusto olvido. Verbigracia, o antigo mosteiro de Penamaior,
nas terras ilustres de Becerreá. Esta obra cisternense data do século XII(
1177, reza no curioso tímpano) e hoxe desempeña o seu papel como templo
parroquial. O mosteiro ademais, atópase nunha fermosa e tranquila paisaxe ao
que merece a pena dedicarlle un sosegado paseo nun momento libre.
Postos xa en bon camiño,
este baixa e cruza o Rego do Convento para logo subir zigzagueando hacia
Arandedo, pequeño casarío cun solo veciño. Segue polo aplanado cume da Serra do
Vilarín e, cando empezan a baixar, aparecen as esacas vivendas da aldea de Vilarín
cuxo nome denota a influenza do idioma astur. Os viciños de Vilarín chaman camin
concejil ao seguinte tramo da ruta.
O camiño así denominado era
o que se usaba para baixar ata a igrexa de Penamaior antes da existencia dunha
moderna pista. O excursionismo disfrutará do tramo, pois o sendeiro baixa entre
carballos e bidueiros case ate o antigo mosteiro. O monumento encontrase nun
valiño que hai con algún prado. Como tramo final suxírese(si o tempo está seco)
segue o vello camiño que arranca detrás da igrexa : conduce á aldea cercana de
Touzón.
Subida por: Manuel Carril Veres
Ruta da Braña
Por terras de Pondal
Un
percorrido polos suaves vales que nos levan á capela de San Blas
Desnde a beleza paisaxística
de Ponteceso, xa cantada nos poemas de Pondal, ata un lugar encantado, donde,
no alto dunha montaña, encontrase a capela de San Blas, dicorre a ruta
proposta. Pola parte oeste da capela hay un desnivel e ao fondo corren as augas
dun pequeño regueiro, o río do Pozo da Horca, que nese mesmo lugar forma unha
pequena fervenza. En torno ao pozo, que parece non ter fin, conservanse lendas
relacionadas con ouro oculto.

Xa no concello de Cabana, no
kilómetro 7,8 o asfalto da paso a unha pista pola que o excursionista ascenderá
durante 600 metros. Pronto se atopará coa Pedra da Baneira, que servía de guía
para os mariñeiros de Malpica.
A seguinte parada é a vella
torre da Penela, un torreón do século XVI que se encontra escondido entre as
casas do lugar en lamentable estado de abandono. A partir de aquí comezara un
fermoso e maravilloso descenso por vales. Ao chegar ao lugar da Cuncha, o
asfalto deixa paso a un camiño que vai dar a unha pista. Poucos metros despois
se divisa a capela no alto dun outeiro. Un pouco mais adiante, á esquerda podrá
ver unhas pedras que lle servirán para atravesar o regato, para logo escalar
para acceder á capela. A romaría do santo da gorxa celebrase no mes de
abril.
-AXENDA PRÁCTICA
Cómo chegar: Non ten
pérdida: o kilometro 0 está xunto a ponte que da entrada a Ponteceso, na
LC-430.
Dónde comer: A poucos
metros da ponte está a Casa Eiroa, en Pontecso (Teléfono: 981 714 008). En esta
casa de comidas tradicionais tense a oportunidade de degustar unha cazola de
angulas (en temporada) ademais de unha gran variedade de platos.
Dónde dormir: Casa
Varela, en Ponteceso (Teléfono: 981 714 303). Problema: casi sempre está cheo.
Mapa recomendado: Instituto
Xeográfico Nacional. 1:25.000, Laxe. 43-IV
Nenhum comentário:
Postar um comentário