Quem sou eu

Minha foto
Somos un grupo de segundo de bacharelato (IES Manuel Murguía de Arteixo, A Coruña) que compartimos a materia de Historia e Xeografía da Galiza, e que chegamos á conclusión de que facermos un blogue desta temática era a mellor maneira de contribuirmos á difusión deste material, área e materia, para así os alumnos podérmonos dispor dunha serie de materiais propios (textos, xeografía, temas de historia monográficos, material gráfico engadido) que favorecesen un maior coñecemento da nosa propria Historia, difundíndoa e dándoa a coñecer a un maior número de persoas interesadas, tanto no nivel do ensino como no ambiente exterior e máis popular. Sairmos das aulas e espallar a nosa memoria, hoxe descoñecida entre bosques, eras de tronos e restos pétreos de mosteiros, os de antes e os de agora.

Historiade Galicia Contemporánea


A POBOACIÓN
-A incorporación de novas terras ao cultivo, a definitiva implantación de novos productos ultramariños –millo e pataca- ,o desenvolvemento de actividades complementarias da agricultura –téxteis rurais, pesca- ,xunto coa escasa incidencia da mortalidade pestilente,importante nas centurias  anteriores,van posibilitar, que, desde finais do século XVIII, Galicia manteña un crecemento demográfico constante ate os anos 1830/40.
Aparecen diferenciadas dúas etapas distintas no comportamento demográfico do século.Unha primeira, de crecemento na que Galicia presenta trazos de relativa modernidade. A segunda defínese polo coutamento de calquera indicio de revolución demográfica. O desaxuste do ritmo demográfico entre a Galicia do interior e a costeira.

A EMIGRACIÓN
A riada emigratoria foi o trazo máis definitorio da demografía do XIX, calcúlase unha cifra aproximada da saída de xente  de 900000. A causa é a cifra estructural que a partir dos anos 30/40 afecta á economía galega. O continxente maioritario desta sangría poboacional estaba formado por homes,tampouco serían alleos os nenos. Case todos os nosos males teñen a orixe na emigración.A emigración vai incidir negativamente no crecemento natural do país.

A ECONOMÍA
Moitos son os atrancos para o desenvolvemento económico galego durante o século: -relativa presencia de vellas estruturas sociais do antigo réxime, -a altitude das clases dominantes, -e o papel das institucións políticas centrais.Galicia súmese nunha situación de crise e estancamento do crecemento económico durante o século.

A AGRICULTURA
É a principal fonte de riqueza frete aos outros sectores: industria e comercio. Vai seguir as pegadas do século XVIII. Significa pois a diferencia do que aconteceu noutras zonas do Estado, o capitalismo desenvolverase paseniñamente,perpetuándose así nunha agricultura de autoconsumo.

O ESTANCAMENTO AGRARIO
A agricultura é susceptíbel de mellora, os rendementos da producción, a principios de século, só melloraban porque se foi estendendo a superficie cultivada.Melloran os rendementos.O millo convértese no primeiro cereal do litoral, e a pataca será o alimento básico do interior.Estas melloras posibilitan un aumento da poboación,

O FORO E AS MEDIDAS LIBERAIS: AS DESAMORTIZACIÓNS
O estancamento viría condicionado polo fracaso das medidas liberáis que apontalan o sistema foral no XIX. O foro é unha relación contractual que se converte en perpetua despois de que a Real Provisión de Carlos III prohibira ¨os despoxos ¨.Esta garántelle ao campesino maior estabilidade ,e impide o acceso á propiedade plena da terra,á libre disposición por parte do propietario da mesma.

O LONGO CAMIÑO DE REDENCIÓN FORAL
O foro era tido como un estorbo para o desenvolvemento agrario.

A LEI DE REDENCIÓN FORAL
En 1873 a I República vai aprobar a lei presentada por Paz Novoa de redención de foros, subforos e censos frumentarios para eliminar o que segundo el ¨corroe as entrañas da agricultura¨. A vixencia da lei vai ser mínima.

A ACELERACIÓN DO PROCESO
A devandita lei supuxo unha vitoria dos redencionistas, posición que vai ser defendida nos proxectos posteriores: Montero Ríos, Vicenti, pero que non teñen eco no goberno. Os factores que posibiliten o acceso do campesinado á propiedade da terra van ser outros, por un lado o activismo antiforal e por outra a disposición de efectivo.

OS INTENTOS ANOVADORES NA AGRICULTURA
O agro vaise capitalizar paseniñamente ao introducírense malladoras, segadoras.O arado romano vai ser substituído polo de vertedeira. A cabana gandeira especialízase nos bovinos,o monte repobóase.

O SECTOR GANDEIRO: UN EXEMPLO DA INTEGRACIÓN NO MERCADO EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA
O sector gandeiro, sendo desde mediados de século a principal partida exportadora, é un exemplo nidio do papel reservado a Galicia como rexión exportadora en situación de dependecia. A partir dos 80 reoriéntase a exportación cara o mercado estatal.Para este novo mercado empregaranse as canles de comercialización  anterior.

A INDUSTRIA
Só se reactivarán algunhas actividades dirixidas polo estado, e a finais de sécul xurdirá o primeiro sector industrial.A política arancelaria do Estado e o feito de a burguesía comercial.

O BLOQUEO DOS SECTORES TRADICIONAIS:LENCERÍA, SIDERURXIA E CURTICIÓN
A industria da lencería tivo enorme importancia a finais do XVIII, a siderurxia ocupaba moitísima menos man de obra que a lencería do liño,as ferrerías da montaña luguesa, perfectamente rendábeis a principios de século

O FERROCARRIL
En 1873 inaugúrase o ferrocarril compostelán, con fortes investimentos ingleses, outros sectores  serán o eléctrico , o tempo rematará no monopolio de fenosa, sinalamos tamén empresas autroproductoras de enrexía.

A SOCIEDADE
-A fidalguía, o clero e o campesinado, a burguesía, o proletariado.

A POLÍTICA
A principios do XIX iníciase o tránsito do antigo réxime, e da súa forma de Estado , a Monarquía absoluta , ao Estado liberal.Na década dos 40 iniciase a consolidación do novo réxime, é o momento da democracia controlada nas eleccións

A GUERRA CONTRA O FRANCÉS
Serviu para encubrir e dilucidar o primeiro enfrentamento entre absolutistas,liberáis e afrancesados.Aproveitando o tratado de Fontainebleau, o exército francés invade o Estado español en 1808

O DERRUBO DO ABSOLUTISMO
Principia esta etapa apelando ao ¨Terror branco¨.Á vez que desmontan todos os órgaos de gobernó e administración, depúranse e inhabilítanse os funcionarios da universidade,da audiencia e do exército

A GUERRA CARLISTA
Á norte de Fernando VII o príncipe Carlos fai un chamamento ás armas desde Portugal.A fidalguía e o clero, regular e secular, desde as altas xerarquías,  comprometidas na resistencia aos cambios formando as ringleiras carlistas enfréntanse co Estado.

IDIOMA E CULTURA
Durante a centuria agrávase o proceso de uniformación cultural e lingüísticam marxinalizando o galego e a cultura galega,ao identificar español con progreso e modernidade , e galego con atraso

O GALEGUISMO
O século XIX da a un movemento político:o galleguismo, que , basado meses carácter diferencial ou específico, reaccionará vigorosamente contra a centralización política do estado liberal e contra as novas situación criadas polo desenvolvemento desigual do capitalismo no estado.

Historia de Galicia
1-      O provincialismo: 1840-1886
2-      O rexionalismo:1886-1916
3-      O nacionalismo:dende 1916 en adiante
                                                          Bibliografía


VVAA(Francisco Carballo): Historia de Galia, ed. ANT, Vigo, 1991

                                                     


     Subido por Carla Sánchez.

Nenhum comentário: