Quem sou eu

Minha foto
Somos un grupo de segundo de bacharelato (IES Manuel Murguía de Arteixo, A Coruña) que compartimos a materia de Historia e Xeografía da Galiza, e que chegamos á conclusión de que facermos un blogue desta temática era a mellor maneira de contribuirmos á difusión deste material, área e materia, para así os alumnos podérmonos dispor dunha serie de materiais propios (textos, xeografía, temas de historia monográficos, material gráfico engadido) que favorecesen un maior coñecemento da nosa propria Historia, difundíndoa e dándoa a coñecer a un maior número de persoas interesadas, tanto no nivel do ensino como no ambiente exterior e máis popular. Sairmos das aulas e espallar a nosa memoria, hoxe descoñecida entre bosques, eras de tronos e restos pétreos de mosteiros, os de antes e os de agora.

Historia de Galicia Medieval


A) As invasións escandinavas e vikingas (844-1038)


Procedentes de Escandinavia —en especial desde Noruega, Suecia e Dinamarca—, viquingos e normandos devastaron e invadiron durante séculos as costas europeas, preferentemente as atlánticas —como as galegas—, chegando tamén ó Mediterráneo oriental. Tradicionalmente considéranse catro os períodos de incursións ou vagadas escandinavas que afectaron ao reino de Galicia durante a Idade Media; a primeira, arredor do ano 844, a segunda (858-861), a terceira (966-971) e a cuarta —e derradeira— (1008-1038).
A primeira vagada en Galicia rexistrouse o 1 de agosto do ano 844, en pleno reinado de Ramiro I de Oviedo. Procedentes dunha extraordinaria rota de saqueo por terras frisas, francas, bretoas e cantábricas, atacaron o norte de Galicia, instalándose temporalmente nos arredores do Farum Bregatium (A Coruña), dende onde levaron a cabo numerosos asaltos como o que sufriu o mosteiro de San Martiño de Xuvia. A intervención dos exércitos de Ramiro I, comandados polo duque Arximiro conseguiu expulsalos de terras galegas minguando a flota viquinga que pouco despois tomaba rumbo a Al-Andalus.
A segunda incursión escandinava tivo por obxecto as rías baixas galegas entre os anos 858 e 861. Nesta ocasión, vidos desde os seus asentamentos en Irlanda, adentráronse na ría de Arousa con cen naves, acampando nas inmediacións de Iria Flavia (Padrón). Desde os seus postos, arrasaron Iria Flavia e sitiaron a propia Compostela ata a chegada do exército do conde Pedro, que arrasou mais dunha trintena de dracars, obrigándoos a fuxir.
Pouco máis de cen anos despois —no ano 966—, unha nova frota de viquingos daneses encabezada polo nobre Gunderedo, penetrou de novo pola ría de Arousa na que se coñece como terceira vagada viquinga. Dirixidos a saquear Compostela, o bispo Sisnando II saíu ao seu encontro cun gran exército episcopal, librando o 29 de marzo do ano 968 a coñecida como "batalla de Fornelos", onde o propio bispo perdeu a vida dun frechazo e o seu exército foi derrotado. Dispersadas as tropas de Gunderedo polo interior de Galicia (Lugo, Mondoñedo e o Courel), estas foron finalmente rexeitadas por un exército galego ao mando do conde Gonzalo Sanches e do bispo Rosendo de Celanova no ano 971.
Non obstante, foi o intervalo entre 1008 e 1038 cando se sucederon os ataques viquingos máis violentos nas costas de Galicia. Despois de devastar Braga no ano 1008, chegaba ás terras de Tui, unha inxente frota norueguesa ao mando do rei Olaf Haraldsson. A pesar da defensa levada a cabo polas tropas do duque galego Mendo Gundisalviz, estas foron aniquiladas —tamén o propio duque— polos atacantes viquingos que asolaron a cidade de Tui e raptaron o seu bispo Afonso. No ano 1028 unha nova frota escandinava entrou pola ría de Arousa, liderada polo nobre Ulf, máis tarde alcumado "o Galego". Lonxe de ser un mero ataque de pillaxe, as tropas de Ulf serviron como mercenarios a aristócratas galegos, permanecendo dez anos no reino de Galicia ata a súa expulsión

Conflitos internos e con Al-Andalus
No 876 o conde galego Hermenexildo Guterrez conquista Coimbra.
No 910 Ordoño II, casado coa princesa galega Elvira Menéndez, convértese en rei de Galiza (ver tamén Reino da Galiza)
No 925 Sancho Ordóñez é coroado en Santiago como rei de Galiza polo bispo Hermenexildo.
No 982 Vermudo II é coroado en Santiago e vence a Ramiro III de León en Monterroso. Vermudo II consolidou a monarquía, mais a nobreza opositora chamou a Almanzor, quen fai unha expedición en terras cristiás e arrebata Coimbra e saquea León, Astorga e Compostela (no 997).
No 1035 Fernando I O Magno herdou o condado de Castela do seu pai Sancho III O Maior, rei de Navarra, e no 1037 a súa esposa Sancha herdou os reinos de León e Galiza do seu irmán Vermudo III.
Tras a morte de Fernando I no 1065, as súas posesións quedaron repartidas entre os seus 3 fillos: entregoulle o condado de Castela ao seu fillo Sancho, o reino de León a Afonso e o reino de Galiza a García. Pero no 1072 Afonso VI de León matou a Sancho II de Castela e encerrou de por vida a García de Galiza gobernando así sobre os reinos dos seus irmáns ata a sua morte en 1109.
No 1091 Afonso VI entrega o condado de Galicia á súa filla Urraca, e o condado portucalense á outra súa filla Tareixa. Urraca casa con Raimundo de Borgoña, quen goberna o Reino de Galicia por concesión de Afonso VI como totia Galletie imperator. É entón a finais do século XI cando o reino de Galicia pasa a ter, aproximadamente, o territorio xeográfico da Galicia actual.

Fragmentación do reino alto-medieval

Nos séculos IX-XI increméntanse os feudos e os castelos. Na imaxe, unha das torres de Altamira
A inseguridade da poboación sometida a saqueos sufridos algunha vez (árabes, normandos) actuou para incrementar as relacións feudo-vasaláticas. Nestes contratos hai unha submisión económica e persoal por parte do campesiñado con respecto á aristocracia, a cal presta a súa protección militar aos seus vasalos. Galicia vaise enchendo por todo o seu territorio de castelos e fortalezas, tanto na costa como no interior, servindo tamén como centros de poder da aristocracia laica e eclesiástica.
Apréciase tamén certa tensión entre nobreza e clero, da que saíra beneficiada o señorío eclesiástico. Os mosteiros e os bispos apoiaban os reis astur-leoneses e recibían a cambio grandes beneficios.
O feito era que Galiza era un reino, mais a corte dos reis acostumaba estar en Asturias (e despois León), motivo polo cal a nobreza galega quedaba marxinada. Houbo varios reis da Galiza, como vimos anteriormente (Ordoño II, Sancho Ordoñez, García), mais o reino sempre acababa sendo integrado na coroa de León ou de Castela.



                                                                                 Por : Manuel Carril Veres




B) Descubrimento da tumba do apóstolo Santiago

A aparición do apóstolo Santiago nas inmediacións da igrexa de San Fiz de Solovio. Descuberto polo bispo Teodomiro que de seguido lle da a nova ao rei Afonso II "O Casto" nas primeiras décadas do século IX.
A Igrexa compostelá é continuadora da diócese de Iria Flavia, e aínda que a Sé principal era Iria Flavia, a diócese compostelá independizouse da metrópole de Braga e pasou a depender directamente da Sé apostçolica. No ano 1100 elíxese ao bispo Diego Xelmírez, quen consegue eleva-la diócese á categoría de metropolitana, converténdose así no primeiro arcebispo de Compostela. Ademais o bispo Xelmírez destaca por ser baixo o seu mandato cando se levou a cabo unha parte importante das obras da catedral, iniciada en 1075.
Así mesmo, aproveitando que no século XI comezara unha gran etapa de peregrinazón e que un século despois Compostela se convertera nun lugar de peregrinaxe, coma Xerusalén e Roma, este bispo promoveu ao culto xacobeo coa intención de exaltala Igrexa de Santiago. Este período de esplendor abrangue até o século XIII e contrata coas centurias seguintes, de guerras e enfrontamentos, que culminaron coa revolta irmandiña no último terzo do século XV. Ademais o seu territorio eclesiástico modificarase a finais do XIV, cando se creou a metrópole de Lisboa, polo que as Sés portuguesas coas que contaba a de Santiago pasaron a depender dela. Dous anos despois de que sucedese isto as dioceses galegas, que aínda dependían de Braga, e maila de Astorga pasaron a ser sufragáneas de Santiago.A de Astorga, en cambio separouse dela en 1851 e un século depois (1954) fíxoo tamén en Oviedo.
En 813 descubreuse o sepulcro e comeza o culto a Santiago Apóstolo e comeza a peregrinazón.

Jacob(hebreo)>Jacobus(latín)
San Iacob>Iago=Sant Iago=Santiago

*Traslatio->restos do apóstolo (que foi martirizado en Xerusalén) chega de Palestina en barca até Padrón. Teodomiro descóbreo case oito séculos despois.

Bibliografía

CAÑADA, Silverio; Gran Enciclopedia Galega, T.40, Ed. El Progreso, Lugo, 2003, 256pp.


Por: Iria Rodríguez Herrador




SAN MIGUEL DE CELANOVA





SAN MIGUEL DE CELANOVA.Con 8,5m de lonxitude, 3,85m de ancho e un máximo de 6m de altura, segundo consta nun documento de principios do século XI, este pequeno oratorio foi edificado, no horto do mosteiro de Celanova, cara ao ano 940 en tempos de Ramiro II, por San Rosendo de Dumio en memoria do seu irmán Froila, fundador do mesmo. Parece ser que na súa orixe foi un hospitiolium e, polo tanto, estaba destinado a servir de aloxamento a monxes alleos ao mosteiro que estivesen de paso nel.
Construído en magnífica pedra de sillería na tradición da mellor arte visigodo do século VII, consta dunha
pequena nave cadrada, sen compartimentos laterais, unha pequena antesala ou atrio e unha ábsida diminuta de planta rectangular ó exterior e de ferradura no interior, separados entre si por arcos de ferradura prolongados ata 2/3 do radio e enmarcados por un alfiz moldurado. O feito de que a nave central sexa sensiblemente máis ancha que a ábsida e o atrio confírelle unha certa sensación de igrexa cruciforme, ao estilo de Santa Comba de Bande , igrexa visigoda do século VII, distante só 16 km de Celanova e, sobre todo, a San Fructuoso de Montelios , situada en Braga (Portugal) e tamén moi próxima, á que ademais recorda pola calidade da sillería utilizada na súa construción.
O que confire a esta pequena capela unha importancia especial no estudo da arquitectura mozárabe, é o feito de que na cobertura de cada un dos tres corpos, os tres abovedados, utilizáronse sistemas diferentes, o que a converte nun auténtico mostrario dos métodos de abovedamento utilizados nesta época:

- A pequena e única nave cóbrese cunha bóveda de canón de ferradura inspirada claramente na arquitectura
islámica do momento. Arrinca dunha sinxela liña de imposta.
- O espazo central ou transepto, máis elevado, cóbrese cunha bóveda de arestas en ladrillo, sostida por arcos peraltados que parten dunhas ménsulas de modillóns de rolos colocados nos muros oriental e occidental, que se eleva o suficiente como para que poidan abrirse nos seus muros catro fiestras a gran altura, que proporcionan unha excelente iluminación a todo o interior do oratorio; orientadas cara ós catro puntos cardinais, son plasmación dun simbolismo cósmico.
- A bóveda da ábsida está formada por unha cúpula formada pola intersección de oito casquetes esféricos xa que, aínda que a súa forma exterior é un cadrado, a interior forma unha ferradura moi pechada, de 1,35m de radio que, polo seu pequeno tamaño, recorda máis a un mihrab árabe que a unha ábsida cristián. Tratábase do centro litúrxico, orientado cara ó leste como símbolo do orto solar ó entender a Deus como “luz do Universo” . O arco de acceso a ábsida recorda ó mirab da mesquita de Córdoba polo seu alfiz, aínda que este non toca o trasdorso do arco.
Exteriormente o edificio parece estar formado por cubos xustapostos xerarquizados a partir dun núcleo central. As aberturas están formadas por arcos de ferradura. No exterior chama a atención o aparello de cantería (os muros son grosos, case de un metro). No medio do medio do transepto e cara ós pes da nave aparecen catro contrafortes, semellantes aos existentes nas construcións asturianas anteriores, dúas nos costados da nave central e outros dous nos do atrio, cuxo obxectivo puido ser aumentar a sensación de verticalidade, xa que non parecen necesarios por motivos estruturais. Na cornixa distinguimos uns modillóns de oito rolos de tradición cordobesa, os seus lóbulos dispóñense en orde crecente e están decorados
con rosetas e roldas helicoidais. A cuberta do presbiterio está apoiada sobre unha cornixa de puntas de serra, tamén de tradición oriental.
San Miguel dispón dunha única porta ao exterior, alintelada e situada, como é moi habitual nas igrexas mozárabes, no custado sur, aínda que neste caso non está no centro da igrexa, senón no adro, e de seis fiestras, todas elas moi estreitas, abucinadas, e terminadas en arcos de ferradura, que están situadas unha na ábsida, outra no adro e as outras catro na parte superior de cada muro da cámara principal.
O resultado final é que neste pequeno edificio, de menos de 22m2 , podemos comprobar a relación entre a arte visigoda e a súa sucesora, a arte. En efecto, todo nel é un canto ao eclecticismo que permite aos construtores utilizar segundo o seu propio criterio os elementos artísticos ou técnicos coñecidos en cada momento, sen ter que aterse a normas prefixadas, o que xera unha liberdade de creación que consideramos como a característica máis significativa destes dous períodos da arte altomedieval español. En San Miguel de Celanova atopamos elementos tomados de San Fructuoso de Montelios, como o seu tipo de construción, a aparencia de estrutura cruciforme e o seu aspecto exterior en xeral, xunto algún detalle da arte asturiano como os contrafortes, e todo iso unido a unhas técnicas de cobertura e, quizá o máis importante, unha sensibilidade árabe en todos os detalles do seu interior, desde a decoración das bóvedas e os arcos de ferradura con alfiz, ata o tratamento da luz, en base a fiestras estreitas con derrame interior, situadas de forma que iluminan a dúas alturas o interior, dando unha maior sensación de profundidade a un espazo de tan reducidas proporcións.
Subido por: Manuel Carril Veres




SANTA COMBA DE BANDE





SANTA COMBA DE BANDE. Era unha pequena igrexa monástica destinada a abeirar ós camiñantes. Tiña forma de cruz grega á que se engadían unha ábsida no costado oriental e un pórtico no occidental, practicamente simétricos. Sobre o cruzamento das dúas naves existe unha lanterna cuberta por tellado a catro augas, cunha fiestra a cada lado situadas sobre os tellados a dúas augas que cobren as naves. Na actualidade existe ademais unha cámara no costado nordeste, con tellado plano continuación do da nave norte e substituír o pórtico orixinal, que seguramente sería do mesmo tipo que o de San Xoán de Baños , por outro que ten un único tellado plano con dous arcos de medio punto, un ao norte e o outro ao oeste, e unha espadana do século XIX na unión do pórtico coa nave occidental.
Mentres todos os paramentos interiores, incluídas as bóvedas e toda a decoración, corresponden á fábrica orixinal, os lenzos exteriores sufriron modificacións, debidos a ruínas parciais e ao engadido de tres compartimentos en cada costado e a posterior eliminación de cinco deles.
O interior é dunha gran sinxeleza . As naves están cubertas por bóvedas de medio canón construídas con ladrillo do tipo romano e terminan no cadrado central en arcos de ferradura. Devanditos arcos, que rematan directamente na parede sobre repisas decoradas, xúntanse de dous en dous en cada esquina de forma que só dúas deles son completos, mentres que os outros dous arrincan enjarjados con aqueles. Por encima dos arcos arrincan os muros que soportan o ciborio , dunha altura que é aproximadamente o dobre do seu anchura e cunha fiestra en cada un dos lados, cuberto por unha bóveda de aresta, a semellanza da do Mausoleo de Gala Placidia en Rávena, feita tamén con grandes ladrillos de tipo romano e que arrinca a
partires de semicircunferencias nos muros.
A ábsida, cuberta por bóveda semicircular, está separada do resto da igrexa por un arco toural en forma de ferradura, sobre impostas que continúan ao longo dos muros e que se apoian cada unha en dous capiteis sobre columnas colocadas paralelamente aos muros. Encima da bóveda do ábsida había unha pequena cámara á que só se podía acceder por unha fiestra interior existente no muro da nave oriental, o que será moi habitual na arquitectura asturiana posterior. Actualmente rebaixouse o tellado da ábsida, quedando a fiestra cara ao exterior. Dos catro capiteis, mentres os dous máis próximos á cabeceira son da mesma época que a igrexa e dunha técnica moi pouco depurada, os dous que dan á nave son de estilo romano provincial, de tipo corintio dexenerado. As columnas son de mármore negro, posiblemente reutilizadas dalgunha construción romana da zona. Nos últimos anos restauráronse as pinturas do ábsida, engadidas a finais da Idade Media.
O resto de decoración da igrexa consiste nunha imposta que percorre o comezo da bóveda do ábsida e bordea a fiestra que nel existe, que está formada por un tallo serpenteante con acios e follas unhas fileiras de sogueado nas naves á altura das repisas dos arcos do cruceiro e outras do mesmo tipo nos muros deste, por encima do final dos arcos. Tamén é de destacar a celosía da fiestra da ábsida, formada por semicírculos que cabalgan uns sobre outros.
O aparello dos muros é, como toda a arquitectura desa época, a base de grandes sillares ben labrados colocados en fiadas horizontais que forman unha estrutura moi sólida como demostra o seu magnífico estado de conservación.
Pero o máis importante desta igrexa é que atopámonos ante a primeira das igrexas cruciformes da arquitectura visigoda. En efecto, parece que partindo da estrutura que para a súa tumba importou San Fructuoso, imitando modelos de Rávena e Bizancio, adoptouse a mesma forma para as igrexas posteriores, para o que ao esquema de dúas naves cruzadas e o ciborio sobre o seu cruceiro bastaba engadir a capela maior e, para que o conxunto conservase esa simetría que posiblemente era o seu maior atractivo, engadíaselle tamén no lado oposto un pórtico das mesmas dimensións que aquela.
Este feito foi tan importante que, como demostraron modernas investigacións, o modelo de Santa Comba foi absolutamente respectado noutras igrexas posteriores.
Como detalle anecdótico poderiamos engadir que a súa similitude con Montelios non termina na forma da planta, senón que o mesmo que naquela, existe tamén un arcosolio incrustado nun muro, situado na toledana no interior da igrexa mentres na galega estaba no exterior de acordo co costume da época na rexión galaico-portuguesa. Isto poderíase interpretar como que tamén foron construídas como capelas funerarias, convertidas posteriormente en igrexas monacais engadindo apousentos laterais á estrutura orixinal.
Mención separadamente merece o controvertido tema deses apousentos laterais que se sabe que existían en Santa Comba polos achados efectuados nas escavacións. Os devanditos apousentos, dos que aínda se conserva un, existiron en case todas as igrexas visigodas do século VII, pero mentres que nas igrexas que definimos como cruciformes, entre as que Bande é posiblemente a primeira, aparecen como engadidos á construción orixinal, nas posteriores como a de Nave ou Quintanilla das Viñas, forman parte do deseño inicial. Isto podería deberse a unha necesidade creada pola gran importancia que adquiriu o tipo de vida monacal a finais do século VII e principios do VIII que quizá obrigou a un replaneamento da forma do culto e creou a necesidade destes compartimentos, dedicados a monxes os abertos ás naves e a peregrinos os laterais ao pórtico.
 Subido por: Manuel Carril Veres




O REINO SUEVO DA GALLAECIA


        Os suevos (lat. suebi ou suevi; alemán Sueben ou Sweben) foron uns pobos xermánicos orixinarios do norte de Europa. O seu asentamento primitivo atópase na zona do mar Báltico, chamado polos romanos Mare Suebicum. Tácito menciónaos, aínda que chama suevos a tódolos pobos xermánicos do leste.
Nas súas migracións, os suevos dirixíronse cara o sur e o oeste, quedando un tempo na área da Alemaña moderna. Aínda existe unha rexión alemá chamada Suabia (Schwaben) que vén equivaler ao antigo reino de Württemberg no moderno estado de Baden-Württemberg e a zona sudoccidental de Baviera, con capital en Stuttgart. Nesta época, varias tribos separáronse do grupo central dos suevos para formar os alamáns, de onde, a través do francés, nos chega o nome de Alemaña.
Os primeiros contactos coñecidos entre os suevos e os romanos datan do século I a.C., na Guerra das Galias Ariovisto enfrontouse con César, e posteriormente estableceron relacións comerciais que se traduciron nunha certa romanización.
A noite de San Silvestre (31 de decembro) do 406 os suevos xunto a alanos e vándalos atravesaron o limes que separaba os pobos xermánicos do Imperio Romano, non está clara a razón para traspasar o límite, pero probablemente a presión demográfica unida ós problemas internos que viña atravesando o Imperio, aumentado coa falta de soldados que vixiasen a fronteira cos que contaba Estilicón, o encargado de defender o imperio dos xermanos e á desconfianza que deste tiña o emperador Honorio.
Tras permanecer un tempo na Galia, os suevos establecéronse na Gallaecia cara o ano 409. Debido ao seu escaso número (entre as vinte mil e as trinta e cinco mil persoas) estiveron agrupados. O seu réxime de goberno era a monarquía. Os reis suevos esténdense desde Hermerico no ano 409 ata Andeca, que no ano 585 foi derrotado polo rei visigodo Leovixildo.
O legado cultural que nos deixaron os Suevos, está na súa maioría na necrópole do Beiral, situada no lugar de Casa do Beiral, concello de Ponte de Lima (Norte de Portugal) que data do século V. Alí atopáronse os seguintes obxectos:
  • Cacharros cerámicos, de pasta gris con engobe negro, ben cocidos e acabados.
  • Cuncas de vidro, Dúas son de tipo de copa arqueada e bordo engrosado a lume, con paralelos(parécense a outros pero non teñen relación común) noutros lugares do mundo romano.Outras dúas copas non teñen estes paralelos, son de vidros acastañado. O primeiro grupo parece ser do século V.
  • Unhas poucas colas de vidro, e 22 de ámbar
  • Anel de ouro puro. É un aro de ouro puro ao que se lle une un disco ornamentado con17 pedras en forma de placas, dispostas en forma de roseta arredor dunha central.
  • Diadema, pendente ou colar (téñense dúbidas do que pode ser), cuns paralelos no Norte de Europa, sobre todo nas contas bitroncocónicas e nos adornos con fío de ouro
  • Puñal de ferro, atopouse no que puido ser unha fogueira ritual, visto xa noutras necrópoles xermánicas.

Lista dos reis suevos da Gallaecia
Hermerico (409-438).
Requila (438-448).
Requiario (448-456).
Aguiulfo (456-457), no sur.
Franta (456-457), no norte.
Maldras (457-459), no sur, e no norte despois da morte de Framta.
Requimundo (459-463), no norte.
Frumario (459-463), no sur, oposeio a Remismundo.
Remismundo (459-469), no sur, oposto a Frumar; gobernou todo o reino dende o 463.
Período escuro (469-550), durante este tempo só é coñecido un rei: Teodemundo.
Carriarico (550-559).
Teodomiro (559-570).
Miro (570-583).
Eurico (583-584).
Andeca (584-585), deposto por Leovixildo.
Malarico (585-586). Xurdiu como resistencia Sueva, cando foi recluído nun mosteiro Andeca, e ocupou o trono, ata que foi captudado po Leovixildo poñendo así fin ó reino suevo da Gallaecia.

Bibliografía:
RODRÍGUEZ RESINO, Álvaro, Do imperio romano á Alta Idade Media, Toxosoutos, Noia (A Coruña), 2003, 216 pp.
ROMERO MASIÁ,Rosa,Galicia CC.SS. Xeografía e Historia, Baía, A Coruña, 1997, 496 pp.
RIOS CAMACHO, Xosé-Carlos, Actualidad y problemas sobre el estado de la investigación de los suevos en la Gallaecia altomedieval,Instituto José Cornide de estudios coruñeses, A Coruña, 1993.


Por: Pablo Rodríguez Gerpe


















Nenhum comentário: