Quem sou eu

Minha foto
Somos un grupo de segundo de bacharelato (IES Manuel Murguía de Arteixo, A Coruña) que compartimos a materia de Historia e Xeografía da Galiza, e que chegamos á conclusión de que facermos un blogue desta temática era a mellor maneira de contribuirmos á difusión deste material, área e materia, para así os alumnos podérmonos dispor dunha serie de materiais propios (textos, xeografía, temas de historia monográficos, material gráfico engadido) que favorecesen un maior coñecemento da nosa propria Historia, difundíndoa e dándoa a coñecer a un maior número de persoas interesadas, tanto no nivel do ensino como no ambiente exterior e máis popular. Sairmos das aulas e espallar a nosa memoria, hoxe descoñecida entre bosques, eras de tronos e restos pétreos de mosteiros, os de antes e os de agora.

Historia de Galicia Antiga


A) A Minaría na Gallaecia


         
A costa galega era transitada na idade antiga xa dende o ano 1000 a.C. polas naves gregas e fenicias que na ruta cara as illas Casitérides (eran illas de Estano relacionadas cas Cíes) facían escala nalgunhas ría. Sen embargo, Galiza entrou na historia escrita ca chegada dos romanos no século I a.C. comezando así a sua romanización. Foron precisamente estes poboadores quenes lle deron nome: Gallaecia, e organizaron a primeira administración da Gallaecia en tres distintos conventus, con capitales en Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Artúrica Augusta (Astorga). A pegada dos romanos deixase ver, por exemplo, nas murallas de Lugo, na ponte romana sobre o río Miño en Gondomar ou na Torre de Hércules na Coruña.    
A minaría na romanizacion:
A riqueza mineira da Gallaecia foi un dos motivos que explica a chegada durante o primeiro milenio a.C. dos pobos colonizadores, incluidos os romanos os principais distritos mineiros da península nesta época eran o de Cartago Nova, onde se extraía plata e chumbo, e Cástulo ( a sua mina mais destacada era a do Centenillo). Para a extración de ouro no noroeste peninsular incluso demoléronse montañas. O cobre extraíase do Río Tinto, o plomo do sur e sureste, o estaño da Gallaecia e o ferro das terras cántabras e vascas.
As explotacións podian estar rexentadas polo propio estado romano ou arrendadas a particulares. As minas eran traballadas sobre todo por eclavos ou presos e por algúns homes libres. As condicións de traballo eran moi duras: estreitas galerías subterráneas, escasa ventilación e iluminación, derrubamentos...
Os romanos melloraron moito as técnicas de drenaxe da auga das minas mediante sistemas como o "parafuso de Arquímedes" (un tronco de madeira cunha espiral metálica que o virar subía a auga para expulsala fora. Tamén usáronse pozos, rodas con baldes poleas e outros sistemas.
En xeral, o desenvolvemento da minaría da cultura castrexa ven avalado por unha tradición de autores clásicos (Posidonio, Justino, Estrabón, Marcial, Plinio, Polibio, Ailio itálico, etc.) chea de tradicións lexendarias (a viaxe do comerciante irlandés Creidne, a ruta fenicia, tartesa e cartaxinesa das illas Casitérides, a viaxe dos Argonautas o xardín das Hespérides, a estancia de Hércules en Brigantium, as aureanas do Sil...) e que se demostra polo intensivo uso dos xacementos que fixeron os romanos coas suas técnicas de extración. Neste sentido, según o testemuño de Plinio, no momento de máxima actividade dos xacementos do noroeste peninsular, mais de 20.000 libras de ouro pasban as arcas do fisco romano, grazas a esclavos indíxenas. Os castrexos usaban vinagre e azufre para romper as pedras e facían buratos nos montes para producir derrumbes, técnica denominada ruina montium polos romanos que a perfecionaron no seu beneficio, particularmente no xacemento das Médulas de Carucedo empório da metalurxia romana do noroeste.
A Dives Gallaecia:
Tras mais de dous séculos dunha espléndida situación económica e social baseada nas explotacións mineiras, o equilibrio social da provincia do noroeste da península viuse en perigo, tal era a importancia do noroeste como fonte de riqueza do imperio, que algúns estudosos calcularon que so nas minas das Médulas foron extraídos 96.000 Kg de ouro en 250 anos. É esta riqueza a que fixo que Silio itálico se referíse a Galiza como a dives Gallaecia (rica Galiza).
Se as explotacións das Médulas e as do Teleno (considerada polo III Congreso Europeo "As obras públicas romanas" a maior mina de ouro romana) se suman as de menor tamaño nas concas fluviais dos ríos Sil, Miño, Ibias e Eo, debúxase a grande magnitude económica e demográfica que as minas tiveron durante os primeiros séculos no imperio romano.
Hoxe en día esta establecido que as explotacións mineiras do noroeste, estaban atendidas principalmente por homes libres, a maioría peregrinos, que residían coas suas familias nos castros próximos. Así uns dedicábanse a agricultura, explotando as mellores serras que permitían o abastecemento da man de obra mineira, e outros proporcionaban as materias primas e manufacturas necesarias (ferramentas, madeira, ...). Por outro lado, os poboados mineiros albergaban o personal cualificado que efectuaba o control técnico da explotación.
Os excedentes económicos destas explotacións mineiras eran dirixidos o tesouro do emperador, pero unha gran parte da riqueza producida por estas explotacións e as suas industrias auxiliares permanecía nos tesouros dos dirixentes locais no inerior das cidades.
As fontes sobre este período da historia, fora dos escritos de Plinio "o vello" son escasas. O que deixan en evidencia os xacementos arqueolóxicos dos últimos anos e a riqueza dos xacementos de orixe alto imperial en toda a provincia.
Nos comezos do século III, as minas das Médulas -como todas as minas de ouro do noroeste peninsular- deixaron de explotarse. A explicación está na estreita relación entre as minas de ouro e o sistema monetario romano, que cambiou a economía e pasou do patrón ouro o patrón plata. O cal tivo tanta importancia para os territorios do noroeste como a explotación mesma das minas ata agora.
Pero tamén este punto carece de fontes antigas que describan ese momento da historia do noroeste. Polo que non se sabe a nova actividade que puido absorber a man de obra excedente e dar sustento aos mineiros e oficios auxiliares.
Illas Casitérides:
O estaño, según datos aportados por Plinio o vello, era extraído dalgunhas illas do Atlántico e transportado polos indíxenas en naves de mimbre e coiro. Tamén producían estaño Lusitania e Gallaecia, aparecendo en leitos de torrentes secos e en xacementos de ouro. Plinio sitúa as Casitérides fronte a Celtiberia. Dise destas illas que tamén son chamadas illas do Estaño (incluso relacionadas en ocasións coas Cíes).
Plinio: procurator metallorum

Caio Plinio Segundo, coñecido como Plinio o Vello, foi escritor, enciclopedista e o mellor e mais coñecido naturalista romano. Naceu en Novum Comun (Como, Italia), pero trasladouse a Roma sendo aínda neno. Os 23 anos ingresou no exército e participou nunha campaña militar contra os xermanos. Tras voltar a Roma, no ano 52, baixo o reinado de Nerón, estudou xurisprudencia pero o non obter éxito como abogado adicouse o estudo académico e a escritura. Entre os anos 70 e 72, co emperador Vespasiano, foi nomeado procurator metallorum, o recaudador de impostos imperiais no noroeste de España. Describe nos seus libros de Historia Natural as difernetes técnicas para obter ouro. Coñeceu as Médulas durante o seu mandato político e probablemente residiu cerca delas. No ano 79 cando a gran erupción do Vesubio arrasou e destruiu Herculano e Pompeia, Plinio encontrábase en Miseno, cerca de Nápoles, o mando da flota romana de Occidente. Ansioso por estudar de cerca o fenómeno volcánico surcou o golfo de Nápoles rumbo a Stabies (actual Castellmare di Stabie), onde perdeu a vida debido os vapores da erupción.
Escribiu numerosas obras históricas e científicas, entre as que destacan De iaculatione equestri, Studiosus, Dubius Sermo, unha obra histórica en vinte volumes sobre as guerras xermánicas, e 31 libros de historia romana do ano 41 o 71.
A enciclopedia de Plinio, Historia Natural, consta de 37 volumes e é a única das suas obras conservadas na actualidade. Contén 20.000 feitos importantes, extraídos duns 2.000 volumes escritos por uns cen autores diferentes. O s dez primeiros libros publicáronse no ano 77, os demais foron publicados tra-la morte do autor. A importancia desta enciclopedia reside na enorme cantidade de información que ofrece sobre a época de Plinio e a vida cotiá en Roma.
Xacementos e métodos de explotación:
Os restos das minas de ouro, ferro e estaño poden ser visitados en lugares como O Courel (Lugo) ou As Médulas (León).
Os romanos coñecían os recursos desta terra pola poboación local, o castrexo, que extraía os minerais do subsolo, aínda que con métodos moi rudimentarios (como sistema de bateo) e malos resultados. Os enxeñeiros romanos, en cambio, tiñan experiencia na extracción de minerais nos depósitos de Italia, Tracia e Asia Menor, e tiñan coñecemento técnico avanzado. Eles sabían recoller mostras e facer sondeos e prospecións para avaliar o punto axeitado para escavar e sacar maior proveito das minas. Por iso, cando os romanos souperon que a Hispania noroeste era rica en minerais, enviaron as súas lexións.
A conquista da Gallaecia  non foi fácil, e Roma precisou de máis dun século para ocupala. Ocupación que comezou no ano 137 a.C., cando Décimo Xuño Bruto intentou derrotar por primeira vez aos pobos galaicos nunha longa guerra. Soamente no a. 39 anos a.C., o emperador Octavio proclamou oficialmente que había pacificado todos os territorios de Hispania.
Coa Pax Romana, chegaron os expertos, caváronse pozos, abríronse galerías e comezou a explotación mineira.
Para aplicar os sistemas de extracción, que obrigaban a remover millóns de metros cadrados de terra, os romanos construíron asentamentos e infraestruturas. Tamén era necesario ter unha capacidade loxística para mobilizar a cuantiosa man de obra e soldados para vixiala. Construíronse estradas, pontes, postos de control e campamentos militares, acueductos, encoros e tubulacións para levar auga dos ríos para as minas, e fundáronse cidades para albergar os traballadores da minería.
Os romanos descubriron o xacemento aurífero das Médulas do Sil. O longo do seu percorrido, dende Quiroga (Lugo) existen numerosas minas de ouro romanas, entre as que destacan as de Montefurado (Lugo), Córgomo e A Medua (Ourense).
En todos os casos o sistema operativo está baseado no uso da forza hidráulica, como se explica o naturalista romano Plinio o Vello. A minería é a actividade económica máis importante na Gallaecia, por iso, a ocupación romana dende os primeiros días, foi controlada directamente por Roma. A minería de ouro máis foi a mais extraída, pero os romanos tamén extraían minerais como o chumbo, cinc, cobre, prata e especialmente estaño. Estes metais extraéronse nas minas de Covas-Moeche e Monteneme (A Coruña), Fornaza (Lugo), Outeiro Baltar (Ourense), entre outras de menor importancia.
O Ouro foi extraído en xacementos primarios e secundarios. Pois era necesario establecer un proceso de construción e explotación de proxectos de enxeñería de grande porte, moitos dos cales están agora preservados e son unha fonte de admiración. Un exemplo espectacular son As Médulas no Bierzo, Tres Minas (Vilapouca de Aguiar, Portugal), e en Galiza As Borreas de Caldesiños en Viana do Bolo  (Ourense) e as minas do Touca e Torubio no Courel (Lugo). A tecnoloxía mineira romana é unha herdanza grega, de xeito que a achega de Roma é a difusión de ditas técnicas polo imperio e o seu perfecionamento.
As obras de enxeñería mais importantes son:
  -Construción dunha rede hidráulica de captación, traída e almacenamento da auga. É dicir, unha rede de canles para o transporte de auga a partir do lugar de captación ata a cima da explotación, xa que a auga é un elemento básico para o arranque, arrastre e lavado da masa que se vai a explotar. A auga cáptase en ríos e manantiales e condúcese por canles corrugi. Para iso os romanos tiveron que resolver os problemas expostos pola orografía e poder manter un perfecto nivel da pendente da condución do auga, mediante a construción de túneles, canles cortadas na roca e a realización de obras de fábrica. A auga, unha vez captada, é conducida polas canles á cima da explotación e almacenada nunha especie de estanque que recibe o nome latino de stagma.
-"Extracción do mineral". Para cada tipo de xacemento utilízase unha técnica distinta. Nos xacementos primarios, nas "explotacións ao descuberto", utilizouse un sistema mixto de fume e auga. Quentábase a roca con material combustible e botábase sobre ela a auga almacenada encima da mina que, con arrefriamiento repentino, cuarteábase e, o seguir con cuñas e mazos desfacía a rocha.
-Na "explotación de galería" utilízase fundamentalmente a forza humana, excavando con pico e cuñas unha galería, seguindo vétaa aurífera. Similar a esta é a técnica de explotación "do pozo", xa que a única diferenza é que a veta non se segue en horizontal senón en vertical.
-En xacementos secundarios, os sistemas utilizados para a extracción do ouro son varios: o sistema "peitee", que se utiliza en terrazas aluviais. A auga recolleita nos ríos era conducida e almacenada en grandes depósitos, para daquela ser lanzada a través dunhas canles, dos que saían unha serie de surcos controlados por comportas e que na parte inferior xuntábanse formando unha única canle onde se realizaría o labor de decantación do ouro.
O sistema máis coñecido é o da Ruína montium, descrito por Plinio. Consiste na construción dunha serie de galerías subterráneas. Ao seguir sóltase a auga almacenada nos estanques da parte superior da explotación, a través das galerías. A forza que trae a auga erosiona as paredes producindo o derrubamento do monte. Ao seguir continúase guindando auga sobre a masa abatida para conducila á zona de lavaderos.
Outros sistemas menos importantes son o de "coroas" e o de conchas "de erosión", así como o bateado das areas dos ríos, aínda que este último non ten nada que ver co que entendemos por enxeñería romana, xa que é un proceso manual.
As distintas explotacións mineras auríferas distribúense por conventos xurídicos:
Convento Bracarense: explotáronse minas de ouro na conca do río Avia, sobre todo na zona do Carballiño. Tamén destacan as da cabeceira do Arnoia e do seu afluente o Tioira, entre as que salienta a explotación dos Milagres do Monte Medo (Maceda).Tamén houbo explotacións na conca do Limia e na conca hidrográfica baixa do Miño.
A maior concentración de minas de ouro atópase no occidente do convento Lucense, con explotacións nas concas dos ríos Eo, Masma, Cabo, Saa, na connca alta do Navia e sobre todo na conca media do río Sil, cuxo afluente, o río Lor, está rodeado de explotacións mineras, entre as que salientan a Mina da Touca e a mina do Torubio no Courel. 
No convento Asturicense atopamos minería aurífera nas concas do río Sil, en Valdeorras e no río Bibei e salienta a explotación das Borreas de Caldesiños en Viana do Bolo.
As explotacións mineras eran controladas polo exército, sobre todo nos primeiros tempos, e posteriormente, tamén por cargos da administración que exercían o control técnico e administrativo.O soporte de ingeniería e tecnolóxico para estas explotacións proporcionaríao esa man de obra cualificada administrativo-militar. Estes asentábanse nos grandes centros urbanos ou nos asentamentos próximos ás minas. A man de obra non cualificada que traballaba nestas minas era esencialmente indíxena e, polo tanto, na maioría dos casos libre, e non esclava.
A etapa destas explotacións comprende aproximadamente os dous primeiros séculos de nosa era. A súa aparición e desaparición está relacionada co funcionamento do sistema monetario romano baseado no bimetalismo ouro e prata, que facía entón necesaria a explotación destes metais.
Arenas auríferas do Sil:

A explotación das areas auríferas dos ríos galegos, especialmente o Sil, continuou na Idade do Ferro céltico, cuxos castros proporcionaron numerosos torques de ouro macizo.Ata entón, o sistema de explotación consistía en lavar as areas en cestos de mimbre ou en peroles de madeira. Testemuño diso dá o xeógrafo grego Estrabón, que di que no noroeste o chan presentaba afloramentos de prata, estaño e ouro branco.E que os ríos arrastrabas estas areas, sendo recolleitas polas mulleres, que as amasaban e lavábanas en tamices tecidos en forma de cesta.
Pero é na época romana cando a explotación do ouro da Gallaecia transfórmase nunha empresa xigantesca. Esta activa explotación é encomiada por Estrabón, Plinio, Floro, Silio Itálico, Lucano, Marcial, Justino e Claudiano. Ata o punto de que Marcial, sempre que fala de ouro, cita Gallaecia ou Astúrica. o metal explotado procedía xa dos filóns ou bolsadas, de conglomerados diluvianos e excepcionalmente das arenas dos ríos.
Ruina Montium nas Médulas de Carucedo:

As Médulas, minas de ouro da época da Hispania romana situadas na comarca do Bierzo, ao suroeste da cidade de Ponferrada, na actual provincia de León. Áchanse nas proximidades da localidade leonesa de Carucedo, ao pé dos montes Aquilianos (pertencentes ao conxunto serrano dos montes de León). Toman o aspecto de montañas de carácter ruiniforme e cor vermello, por mor da complexa técnica extractiva utilizada polos romanos denominada ruína montium.
En primeiro lugar, para levar a cabo este sistema, era necesaria unha gran cantidade de auga. Esta auga era collida dos ríos e arroios que nacen nos Montes Aquilianos a través dunha inmensa rede de canles que chegou a ter uns 325 quilómetros de lonxitude.Para iso utilizaron sobre todo unha especie de gran nivel de vinte pés de lonxitude (uns 6 m) que Vitrivio denominou corobates. Leste permitía maior nivelación e precisión que outros aparellos topográficos como a Dioptra.Unha vez realizados as canles ou corrugi con devandito sistema, a auga podía chegar á zona de explotación, e o proceso (Ruina Montium) comezaba. Este consistía nunha primeira acumulación de auga que viña polas canles dunha especie de embalses situados nas partes altas da explotación, aos que os romanos denominaban como “Piscinae”, ata enchelos por completo. Cando o crían conveniente, abrían as comportas destos embalses e facían pasar a agua po-las galerías escavadas namontaña, e producíase a erosión dos materiais, toda esta masa de agua e barro era arrastrada hacia as canles de lavado ou agogae. Estas galerías eran construídas previamente, o que fai pensar no traballo de persoal cualificado.

Os materiais máis groseiros separábanse antes, dando lugar a grandes cúmulos de cantos rodados. Os materiais máis finos eran levados polas canles de evacuación cara ás colas de lavado. Estas estaban cubertas con toxo, que debido ao seu aspereza é capaz de reter o ouro. Unha vez que o toxo cumpría o seu labor, queimábase nunha zona de césped onde quedaría o ouro.
O resultado final de todo isto foi a creación dun gran sistema de galerías nas entrañas da montaña. Pero As Medulas non só se utilizou o sistema do ruína montium para a extracción de ouro, senón que nalgunhas zonas utilizáronse sistemas de arrastre. Estes simplemente consistían en soltar a auga dos embalses, erosionando coa sua forza os materiais e a partir de aquí seguían o proceso arriba citado.
A explotación das médulas foi un dos primeiros atentados contra o medio ambiente, aínda que supuxo unha gran fonte de riqueza para o Imperio. Explotadas desde fins do século I a.C. e incluídas entón na Tarraconensis, desde o 74 d.C. vixiábaas a Lexión VII, estacionada na León. Durante os dous séculos e medio en que foron explotadas por Roma, estrouxo dela 800t de ouro.
Os seus picos de cor ocre avermellado sobresaen entre a verde vexetación composta fundamentalmente por castiñeiros, matas de carballo e brezos. As ruínas do antigo asentamento romano das Pedreiras de Lago, a beiras do lago de Carucedo, reflicten o modo de vida das súas pobladores durante a explotación desta mina (séculos I e II d.C.).
Bibliografía:
          http://www.lagosumido.com/Orellan.html   
VV.AA.,Cántabros, Astures y Galaicos,Subdirección general de arqueología, dirección general de bellas artes, archivos y bibliotecas, Ministerio de cultura, Santiago de Compostela, 1984, 94pp.

Por: David Villares Fraga






B) Os galaicos e o exército romano

A chegada do exército romano á Gallaecia
Xa no s. II a.C. Décimo Xuño Bruto, entra na Gallaecia para iniciar unha campaña e castigo contra os galaicos. Elle doado chega ata o Miño porque ata este momento loitaban castros en solitario que nada podían facer fronte as lexións romanas. Para xuntaren forzas contra o inimigo uníronse en Castelum (asociación militares entre castros), que obrigaron a mandar ó mesmísimo Xulio César no ano 61 a.C. a liderar ó exército nunha incursión marítima desembarcando en Brigantium. Aínda así o interior segue resistindo ata que no ano 24 a.C. Augusto logra derrotar ós galaicos na famosa batalla do Monte Medulio, onde os últimos superviventes se suicidaron para evitar ser capturados como escravos.
A romanización e as levas
Nos anos seguintes comeza un proceso de Romanización, no que os invasores impoñen os seus costumes e o seu modo de vida.
 Para o control militar do noroeste da península tráese á Legio VII Gemina (69 a.C.) o seu campamento (Castra) vai dar lugar á actual cidade de León. Fixeron recrutamentos forzosos, para incorporar ao exército ós galaicos, a través da Lexións:
·         Legio X Gemina situada en Asturia (Astorga), encargábase do recrutamento e control mineiro na zona Astur e Lucense
Doc. 1
·         Legio VI Victrix, asentada en Bracara (Braga, futura capital da provincia da Gallaecia), que chagou aquí liderada por Publio Carisio entrando polo Bierzo para someter ós pobos galaicos, e como conmemoración acuñou unha moeda (doc.1)
·         Legio IV Macedónica, e establecerase (25a.C.) nos arredores de onde despois se fundará Lucus Augusti.
Doc.2
O mando desta última viña o gran xeneral Marco Agripa (promotor do Panteón), á fronte dun grupo de xeógrafos e urbanistas que o acompañan nas súas campañas militares, ademais de completar o Mapa Xeral do Imperio (Orbis Terrarum, Doc.2) , realizar o Censo dos Populi (Orbis Pictus) da futura Gallaecia. Mentres, diferentes cohortes desta lexión, porán en marcha os recrutamentos forzosos e a explotación das minas de estaño da comarcas de Arzúa e Deza.
Doc. 3
Enviáronse soldados á Ala II Flavia Hispanorum pero se dúbida as máis significativas foron a Cohors I Gallica , e a máis importante a Cohors I Celtiberorum, situada  na Cidadela de Sobrado dos Monxes (doc.3 e doc.4). Esta Cohors aparece documentada en Britania (105 d.C.), xa que o seu duro clima era similar ó da Gallaecia, e na Mauritania(109d.C.), por esta última recibiron a cidadanía romana. A continuación aparece documentada outra vez nas chuviosas terras da Brtetaña entre o 122-146, ano no que Adriano os enviou a provincia de Tarraconensis e foi adscrita á Legio VII Gemina Felix, que foi cando se asentaron no campamento da Cidadella.
Doc. 4
Teñense datos de guerreiros galaicos, nos lugares máis recómnitos di Imperio, como por exemplo en Sopiste ,Mesia atopouse o epitafio dun soldado do conventus lucense Lucio Valerio Galeno veterano da Lexión IV Macedónica. Se militou 28 anos tivo que ser recrutado sobre os 39-40 d.C. e podería darse o caso de que este lexionario fora arzuán. Outro lexionario castrexo de nome Caius Valerius Carus, pertencente á Legio X Gemina, aparece documentado nunha ara votiva dedicada á deusa Navia en San Román dos Ancares datada nos comezos do século I d.C. indica o control desa zona mineira de ouro por parte da Legio X Gemina
Doc. 5
Das 6 cohortes lucenses, só a Cohorte III dos Lucenses quedou estacionada na Gallaecia a partir dos anos 80 d.C. a Cohors III Lucensium, integrada na Legio VII Gemina, encargada das minas de ouro de Lugo e Ourense  o resto recorreron miles de kilómetros dende a súa terra; Cohorte I dos Lucenses a Alemania, Cohorte I de cabalería dos Lucenses a Dalmacia, Siria e Macedonia, Cohorte II dos Lucenses a Mesía Inferior e Tracia, Cohorte IV dos Lucenses a Pannonia? (Hungría), Mesía? e Siria, Cohorte V dos Galaicos Lucenses a Pannonia e Mesía Superior. Estas longas distancias recorríanas trás pasar un período de formación, e depois ían camiñando polas vias ata o seu destino cargando cos útiles de guerra (doc.5).


As divindades guerreiras dos castrexos
            Tiñan unha relixión politeísta, así atopamos dous deuses da guerra: Cosus e Bandua. Ós cales situábanos nos lugares sagrados e de culto, como pequenos santuarios rupestres galaico-romanos e espazos rituais no interior do castro.
Ao comparala con outras culturas celtas clasifícanse as divindades en tres funcións os da guerra pertences á segunda función ou da guerra:  Este tipo englobaría o grupo do deus Cosus baixo os diferentes nomes locais. Rendía culto a unha aristocracia militar. Son deuses guerreiros que actúan impulsados polo furor ou loucura guerreira son fortes, animosos e violentos, invocados como Segos (Vitorioso)

Métodos propios de guerra
Doc. 6
Pouco se seabe sobre as formas de guerra propias dos guerreiros, ainda que se teñen recollido algunhas mencións como a de Silio Italico que contaba como entraban en combate, cantando himnos terribles e batendo os resoantes escudos a un ritmo determinado ó tempo que avanzaban golpeando o chan con golpes alternados de pé. Os guerreiros vestían túnica, cinguida pola cintura, a miudo moi ornamentada. Actuarían como infantería lixeira, evitando o contacto directo sempre que lles fose posible, xa que non contaban con protección nin armamento para resistir un combate directo. Aínda así, a súa lixeireza permitiríalles actuar como guerrilla, fustigando ó inimigo co lanzamento de xavelinas. En canto ó equipamento a panoplia estaba composta por un casco de bronce, grebas de fieltro; caetra, decorada con motivos protectores; para o ataque, e a arma principal era a lanza, que estaba acompañada por puñais curtos de tipo biglobulares, colgados do cinto no costado dereito, e en ocasións una espada corta de folla recta de bordos paralelos. É de destacar a total ausencia de armadura, sacrificando protección para gañar unha maior mobilidade. É probable que tamén usaran xavelinas lixeiras, dadas as características do resto da panoplia (véxase doc.6)



 Por: Pablo Rodríguez Gerpe




C) Os Galaico-romanos

A finais da Idade do ferro as xentes do extremo noroccidental da peninsula ibérica conformaban xa unha unidade cultural homoxénea que as diferenzaba do resto e que tempo despois sería percibida polos primeiro auntores grecolatinos,denominando a este conxunto de pobos con nome de Gallaecia (galaicos), se cadra pola aparente similitude cos xa coñecidos Galli (galos) e Gallati (gálatas).Os Gallaecia ou Galaicos foron orixinariamente un pobo indoeuropeo de lingua celta, por tanto celtas para uns autores,celtizados para outros sen que exista pleno consenso entre os investigadores que ocuparon durante séculos aproximadamente o territorio actual Galicia e norte de Portugal, limitando ó sur cos lusitanos e ó leste cos ástures.Son en si os primeiros ¨galegos¨,nome actual que deriva de Gallaecia sendo decote empregado como cultismo para referirse ó relativo a Galicia ou os galegos,non obstante enténdese historicamente a cultura galaica como aquela previa á anexión ó Imprerio Romano.
O modo de hábitat dos galaicos baseouse na ocupazón do territorio especialmente en poboados fortificados que reciben o nome de castros, podendo variar o seu tamaño dende pequenas aldeas de menos de unha héctarea máis usuais no norte, e de grandes castros de máis de dez héctareas que reciben onome de oppida ou ¨citanias¨, estando estes máis presentes na metade do sur do poboamento tradizonal. Este xeito de habitar o territorio en castros , foi común en toda Europa durande a Idade do Bronce e do Ferro , recibindo no noroeste da Península Ibérica o nome de ¨cultura dos castros¨ ou ¨cultura castrexa¨, que alude a este tipo de manifestazón cultural antes da chegada de Roma, con todo os galaicos seguirían a habitar castros ata o século VIII d.C. Só no territorio de Galicia actual chegan a contabilizarse máis de dous mil castros, o que revela unha das maiores dispersións poboacionais da Idade do Ferro en toda Europa, que sería en boa medida a orixe da ocupazón galega do territorio herdada ata o presente , e caracterizada por pequenas e numerosisimas poboazóns distantes entre si.
Aorganizazón política dos galaicos artellábase en pequenos estados independentes entre si compostos por un numero dispar de castros, encabezados estes estados pola figura dun rei local que os romanos denominaron princeps como noutras partes de Europa.Cada galaico identificábase a si mesmo como membro do castro que habitaba (segundo a interpretazón máis común do C invertido da epigrafía posterior)así como do estado/pobo ó que pertencía , e que os romanos denominaron populus,do mesmo xeito que ata finais do século XVIII a xente en Galicia identificabase coa parroquia e a comarca.

Integración no Imperio Romano (19 a.C. - 409)

Conquista da Gallaecia e transformazóns económicas
Os intereses de Roma no Noroeste da antiga Hispania supuxeron o comezo dos conflictos armados entre Roma e os galaicos a finais do século I a.C. Aínda que o xeneral Décimo Xunio Bruto logrou controlar efimeramente os pobos galaicos máis meridionais na súa campaña do ano 137 a.C., non foi ata a fin das Guerras Cántabras (29 a.C. - 19 a.C. ) cando galaicos , ástures e cántabros foran definitivamente anexionados a Roma.
Ademais da guerra , o Imperio Romano valeuse de tratados de paz ( chamados pactos de hospitalidade) cos diferentes pobos galaicos o que na práctica favorecía a súa integrazón sen derramamento de sangue no Imperio .Conquistado o territorio e as súas xentes ben pola guerra ou ben por tratados , o Imperio Romano asegurou o seu control militar como era costume con numerosos campamentos onde se albergaban lexións ou cohortes tales como os de Aquis Querquennis, A Ciadella (Sobrado dos Monxes) ou o propio Lugo.
Entre os anos 284 e 305 , o emperador Diocleciano acometeu a reorganizazón administrativa do Imperio .Na Península Ibérica creanse dúas novas provincias ( Gallaecia e Cartaxinense) a partir das xa existentes: Baetica,Tarraconensis e Lusitania.Así , a nova provincia baixo o nome de Gallaecia ocupou o extremo o nor-occidental da Península Ibérica que anteriormente pertencera á Tarraconensis, e estivo formada polos territorios da rexión de Asturia e da propia Gallaecia. Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento (Lugo,Braga,Astorga)era a cidade de Bracara a que exercía de capital provinzal de toda a Gallaecia ,organizada administrativamente en tres conventos xurídicos. Esta provincia de noroeste hipánico será,pola súa importancia militar , unha provincia imperial, non senatorial , controlada por unha forte lexión na actual León e con campamentos como o de Aquis Querquernis (mansión na vía Nova) , Ciadella ou a propia cidade de Lugo.
O Imperio Romano estendeu sobre a Gallaecia a súa rede viaria , conectando as principais poboacións , portos e vilas (villae) con catro grandes vías : a Vía XVII, a Vía Nova ou a Vía XVIII, a Vía XIX e a Vía XX. Xunto ás vías, o imperio de Roma tamén construiu pontes ( como as do Bibei, Ourense),canalizazóns,termas,garos (como a Torre de Hércules). Portos , grandes murallas como a de (Lugo),así como outras instalazóns que favorecían a explotazón económica do territorio conquistado e a súa integrazón no resto do Imperio.

A cultura galaico-romana

A conquista e incoporazóns dos galaicos ao Imperio Romano foi non obstante, un proceso continuo pero lento.
Aconquista supuxo a chegada dunha cultura -A romana- moito máis avanzada tecnoloxicamente da que se nutriron as clases altas galaicas,motivando o apoxeo económico dos grandes castros como Lansbricae, Santa Tegra, Citania de Briteiros e Lanhoso entre moitos outros , durante douscentos anos.Non obstante tras ese momento de esplendor, a ausencia de conflictos bélicos motivou o paulatino abandolo dos castros -fortalezas a fin e o cabo - ,e a poboazón comezou a instalarse maioritariamente nos vales, perto das novas terras de cultivo , acudindo aos castros só en caso de perigo.
Foi nestes vales máis romanizados onde comezaron a espallarse o que se coñecen como villae asentamentos estables con explotazóns agrarias, que se expanden sobre todo nos séculos III e IV, e que van cambiando a fisionomía do territorio ( 28 villae no convento de Braga, 32 no de Asturica e 15 no de Lucus). Outro aspecto económico de interese foi a explotazón a grande escala dos recursos mineiros , especialmente o do ouro explotado co sistema de ruina montium, nas médulas de León no eixo Miño- Sil.
A administrazón interna da provincia estaba marca polos conventues xurídicos (conventus iuridicus)amplos territorios adscritos a unha capital, da que recibían o nome e onde se centralizaban as funcións administrativas de Gallaecia estivo dende un primeiro momento dividida en tres conventos xurídicoa comezos do Século IV: o conventus Bracarensis, o conventus lucensis e o conventus asturiciensis con capitais en Braga Lugo e Astorgarespectivamente. Pouco tempo despois tamén foi anexinonado á Gallaecia o Conventus cluniensis.


Bibliografía:
ARIAS VILAS, FELIPE, A romanización de Galicia, A Nosa Terra, Vigo, 1992, 194 pp
Coord PÉREZ NEGREIRA,Mª DEL MAR, Galicia Historia tomo II, Hércules, A Coruña,1993, 564pp

Links (URL)
1.      http://anosahistoria.blogspot.com/search/label/Lexionarios%20castrexos
2.      http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=1726
3.http://www.terracopora.org/index.php?option=com_content&view=article&id=26:la-coh-i-celtiberorum
4.      http://www.lugdunum.es/10001.html


Por: Carla Sánchez Edrosa






D) Administración territorial da Gallaecia


A ROMANIZACIÓN DA GALLAECIA
Podemos dicir que os primeiros contactos do mundo romano coa antiga Gallaecia produxeronse como consecuencia de un feito fortuíto, como foi, a persecución dos lusitanos por parte das tropas romanas que os acosaban. Así temos que hacia o ano 140 antes de Xesucristo, o xeneral Quinto Servilio Cepión chega ata a Gallaecia e poucos anos despois, hacia o 137 antes de Xesucristo, outro xeneral, Décimo Xuño Bruto atravesa o río Lima (en Portugal) e entra en contacto cos galaicos novamente.
Hacia o ano 60-61 antes de Xesucristo, temos outra expedición romana que terá como escenario a Gallaecia. Trátase dunha incursión militar marítima dirixida por Xulio César, que bordeando a costa chega ata o potro de "Brigantium" (posiblemente o que hoxe é a cidade da Coruña). Podemos ver neste feito mais ben un motivo de prestixio persoal perseguido por Xulio César (culminar a conquista de Hispania) que outro tipo de motivación.
Estes contactos previos de Roma co noroeste peninsular non adquidirán  a verdadeira dimensión de conquista militar, ata o desenrrolo do "Bellum Cantabricum" e o "Bellum Asturicum", pois a finalización de ditas guerras suporá a conquista definitiva non só da Gallaecia, senón de toda a Hispania.
Hay que buscar nesta conquista varias causas que se complementan entre si. Por un lado temos o que podríamos chamar "causas estratéxicas e económicas" e polo outro, as que fan referencias a denominadas "causas históricas e de prestixio persoal". Resumindo podemos concluír decindo que se busca acabar cos continuos saqueos que realizan estos pobos do norte aos seus veciños da meseta, xa aliados a Roma. Tamén se persegue a explotación da riqueza mineira, especialmente a do ouro. E por último desexase de unha vez por todas, finalizar a conquista total de Hispania. Este feito leva consigo un importante significado militar e político, que aproveita o emperador Octavio Augusto dirixindo persoalmente dita gerra que lle dará un gran prestixio e moita fama.
Como dixemos anteriormente, co "Bellum Asturicum" e o "Bellum Cantábricum", (isto é  a guerra entre os astures e os cántabros), iniciouse e rematouse verdadeiramente a conquista do territorio galaico.
Hacia o ano 27 antes de Xesucristo, Octavio Augusto e o seu legado na Tarraconense, Cayo Antiso Vero dirixironse hacia a zona cántabra e despois da súa primeira victoria sobre os indíxenas na Vellica, acorralaron a estos en Aracillum e no Mons Vindius. Coa colaboración da flota, que cotou a retagarda, finalizou a guerra coa victoria romana. Paralelamente a estas accions militares, o legado de Lusitania, Publio Carisio combateu aos astures, logrando as victorias de Lancia e Mons Medulius, que supuxeron o fin da resistencia indíxena e do dominio romano sobre o noroeste peninsular.
Unha vez acabadas estas dúas guerras, xa sendo retirado de Roma Octavio Augustu, reanudaronse as loitas que toman un claro matiz de guerrillas. Así temos que despois dos fracasos dos legados romanos, Lucio Elio Lamia, Cayo Furnio e Publio Silio Nerva en conseguir a pacificación definitiva de laona, ésta so será alcanzada grazas a intervención do xeneral romano Marco Agripa, que tomando medidas de gran crueldade logra a derrota total dos indíxenas. Esta culminación da conquista romana ten fecha no ano 19 antes de Xesucrito.

AS DIÓCESES E OS CONVENTUS
Baseándose nos textos de Estrabón , algúns autores cren que xa moi seguido da conquista, Roma estructurou o Noroeste penínsular en "dióceses" ou máis ben en "distritos" de carácter eminentemente militar para ter controlado o territorio recén anexionado, e nos que estarían asentadas cadansúas lexións (a IV Macedonica, a X Germina e a VI Victrix), distribución que logo Vespasiano cambiará deixando só no Noroeste unha soa lexión de nova creación, a Legio VII Gemina (no que hoxe é León), de grande importancia no decurso da Romanización astur-galaica.
Para outros, as chamadas "diócese" altoimperiales serían agrupacións de conventus (neste caso os 3 do N.O), datables en época flavia(últomo tercio do século I a.C)
Pero ademais da singularización de 3 bloques no Noroeste (Gallaici Lucenses, Gallaici Bracari e Astures) que se deduce das fontes literarias e epigráficas, hoxe sabemos, gracias ao achado dunha nova inscipción (en tabula patronatus, pertencente ao Courel, zona límite entre Asturia e a Gallaecia), que no 1 d.C xa estaban constituídos ou existían os conventus, tanto con carácter militar (como aqueles distritos citados), como probablemente xurídico e administrativo (como convento propiamente dito). O Conventus Arae Augustae citado naquela inscripción sería a forma primitiva da evolución das divisións territoriais internas da Gallaecia , aínda que non está referido a unha cidade, como máis tarde (con Vespasiano), estarán os conventos Lucense, Bracaense e Asturicense.
O conventus é unha estrucura cunha demarcación territorial determinada e cunha capital onde se centraliza a recadación fiscal e a xestión económica e financieira, a administración de xustiza, os cultos relixiosos oficiais (coma o culto ao Emperador, de finalidade política), e tamén, asumindo o rol das primeiras estructuracións, o control militar (recrutamento, defensa do territorio e da súa explotación, etc)
A administración destes conventos xurídicos dependía globalmente do Legatus Augusti pro praetore de Hispania, pero para eles había designado (polo menos desde os Flavios, en torno ao 70 d.C) un Legatus uiridici per  Asturiae et Gallaecia (legado xurídico con poder político e militar), normalmente asentado en Astorga ou en León (centros de asentamento militar e de control das minas) , e por debaixo del, un Procurator Asturiae et Gallaeciae con funcións eminentemente económicas e fiscais.
Hai que engadir ademais, en cada convento, unha serie de cargos, maxistraturas ou servicios que desenvolvían funcións auxiliares ou subalternas de todo tipo: son os procuradores libertos (escravos imperiais liberados  adscritos a estes labores) englobados en tabularia (oficinas ou "negociados" públicos ben documentados, por ex. en Lucus), recadadores de tributos(exactores, que aparecenen inscripcións da Coruña), encargados do culto imperial (comandados polos flamines ou sacerdotes), etc


OS LÍMITES DOS CONVENTUS
Unha cuestión moi debatida na bibliografía foi a dos límites de cada conventus do Noroeste Hispánico, sobre todo nalgúns puntos de contacto concreto entre eles e nas súas fronteiras orientais. Para discernir o problema, recórrese xeralmente ás fontes litararias e epigráficas (por ex. segundo a redacción dos miliarios das vías e a súa referencia á capital do convento).

En resume, o Conventus Lucensis, coa capital na actal Lugo, collería todo o ángulo máis ao N.O da Península, tendo como límite Sur a ría de Vigo, río Verdugo, serra do Suído e o río Sil, e lindando ao leste coas terras do Courel, Ancares e Rañadoiro, e seguindo logo como liña de demarcación cocreta o curso medio e baixo do río Navia; abranguería pois a maior parte da Galicia actual. O Conventus Bracarensis ou Bracaraugustanus, coa capital en Braga, limitaría ao Norte co Lucense, ao Oeste co Atlántico, ao Sur co Douro e ao Leste separaríano do Asturicense as serras de S.Mamedee da Queixa e unha liña pouco definida sita entre os ríos Túa e Sabor (afluíntes do Douro). Do Conventus Asturiciense, coa capital en Astorga e que chegaría polo Norte ao Cantábrico e polo Este ao río Esla ou ao Cea ata xuntarse co Douro, só nos interesaría para a parte galega a zona de Valdeorras e do Bolo, existindo un punto, quizais en torno a Montefurado no río Sil, onde confluirían os tres conventos.
Plinio e o autor romano que nos deixou máis datos acerca destas demarcacións, pois incluso nos ofreceo número de pobos (populi ou comunidades) que había en cada unha delas e algúns dos seus nomes, así como a cantidade de homes libres que os habitaban, se ben todas estas informacións non poden considerarse ríxidamente exactas e parecen estar referidas non á epoca de Plinio (sobre o 70 d.C) senón ao censo de Agrippa (en torno ao 15 a.C): o Convento Lucense, con 16 pobos, tería 166.000 homes libres, o Bracarense 24 pobos e 285.000 homes libres e o Asturicense 22 e 240.000 respectivamente.
Pode observarse nestas cifras o diferente poboamento de cada conventus e habería que engadira tamén, dentro da homoxeneidade común ao N.O., un distinto carácter para cada un deles, sobre todo pensando nas súas capitais: o de Asturica sería de función máis militar e económico-administrativa, o de Bracara estaría quizais máis centrado no relixioso e no comercial, e por último o de Lucus, cunha mistura de todos estes aspectos pero posiblemente cun menor grao de Romanización no que respecta, claro está, ao seu medio rural e non á súa capital.

 A ORGANIZACIÓN INTERNA: OS POPULI E OS CASTELLA

Dentro de cada conventus houbo unhas agrupacións ou demarcacións moito menos definidas xeográfica e históricamente pero cun grandísimo interese para a comprensión do mundo galaico-romano: os populi ou pobos indíxenas, extensas agrupacións de comunidades baseadas na organización prerromana e que perviviron durante o Imperio Romano, deixando pegada incluso en épocas posteriores a nivel eclesiástico, toponímico, etc. Estas comunidades non deben confundirse nunca co concepto de "tribus", que é un concepto non aplicable ao Noroeste hispánico como demostrou Caro Baroja, nin con "xentilidades", que corresponden a un sistema organizativo de outras áreas, moi extensas, da Península. Só poderían ser equiparadas ás civitates romanas,
que tamén se documentan na Gallaecia e que teñen un sentido moi diferente e moito máis amplo e comutario que o de "cidades" como enganosamente poidera indocir o seu nome. As fontes literarias (en especial Estrabón, Plinio e Ptolomeo), as incripcións e or restos arqueolóxicos dannos todo un relatorio de pobos, ás eces de nome e localización discutida e ata repetida, pero que nos permite ofrecer un cadro da posible distribución territorial dos pobos da Galicia romana.
Estes pobos (obrigados a pagar tributos a Roma), serán a base da organización territorial da Gallaecia, promocionada e aproveitada polos mesmos romanos, xa que estes soían usar sempre as formas organizativas preexistentes nas áreas conquistadas; o que farán será adaptalas, en boa medida con fins puramente fiscais, e logo,(xa a fins do s.I d.C), transformalas constituíndoas en res-publicae, é dicir, en entidades de dereito público, en civitates.
Pero aquí, as comunidades indíxenas eran distintas as do reste de Hispania e de todo o Imperio, e iso levou aparellada unha peculiar organización social en época romana, polo menos ata comezos do s. II d.C.
Coñecemos o mundo indíxena en grande parte gracias as formas de expresión do mundo romano: as inscripcións aínda que están escritas en latín reflexan aspectos da cultura prerromana e nela aparecen os individuos identificados co seu nome e o da súa comunidade, isto é, a orixe, a "nacionalidade" ou procedencia do individuo (origo).
Mentres no resto da Península Ibérica, existe a figura da gens, ou da gentilitas ou doutro tipo de organización suprafamiliar(por riba do nivel do grupo ou clan familiar), na Galicia o que había era unha forma de organización social (e en certo modo política e con unha connotación territorial), representada nas inscripcións por un C invertido para (o signo), que hoxe despois dos estudos de María L.Albertos,X. Pereira, J. Santos e outros se ven identificando con Castellum (castro), que así pasa a considerarse unha forma organizativa indíxena con unha referencia territorial concreta, que pervive despois da conquista e que e aproveitada polos romanos e incluso formulada ao modo romano, do mesmo xeito que as inscripcións están en latín ainda que os indíxenas poidesen usar outro idioma.

Cada populis (comunidade) funciona a xeito dun "Estado" (con todasa s salvedades e matizacións propias do caso). Pero está integrada por unha serie de sub-comunidades (os castella) que tiñan certa autonomía, cun territorio e uns dirixentes propios, e capacidade para facer dedicacións aos deuses (indíxenas primeiro e logo romanos), e singularmente para facer pactos de hospitalidade, ben entre eles ben con persoeiros representantes do Imperio.
Nun primeiro momento, se un individuo está dentro da súa propia comunidade, para indicar a súa orixe só ten que facer referencia ao castellum ou castro á que pertence, pero se está fora dela entón debe expresar a dobre procedencia aludindo á sub-comunidade (castellum ou castro) pero tamén á comunidade global (populis ou pobo), sistema que resulta exclusivo da Gallaecia, quizais e en boa medida porque ten un substrato poboacional e cultural diferenciado, desde épocas moi antigas.
Unha vez rematada a conquista e asentado o dominio romano, produciranse unha serie de transformacións. Ten lugar un forte traballo de organización que afectará tanto ao campo militar como ao da estructuraión e administración dos territorios ocupados, respetando Roma aquelas estructuras organizativas básicas dos pobos do N.O., pero reformándoas, adaptándoas e interpretándoas no seu beneficio.Como o sistema de pequenas agrupacións chegará a ser inaxeitado para a nova administración e complicaba, por exemplo, a recadación de tributos e o control político e económico, definiranse unhas entidades territoriais maiores, que serán as civitates, en parte similares aos populi, en canto as dúas figuras teñen connotacións político-administrativas.
É moi plausible pensar nunha solución de compromiso ente romanos e indíxenas, polo que estes manterían a existencia das súas comunidades propias, pero dentro do sistema marco duha civitas como nova forma de administración.
Os castella aínda pervivirán moito tempo, e desaparecen o finais do s. I e comezos do s.II d.C. Aís producirase un cambio na mención da orixe dos individuos: haberá xa un novo tipo de comunidade que abonda por si mesma para citar a  origo; fáise innecesaria a referencia ao castellum pero aparece a fórmula de mencionar o adxetivo derivado deles ou ben só a referencia ao populis ou civitas.
Neste cambio terá moito que ver o definitivo impulso romanizador da Dinastía Flavia, (sobre todo de Vesperiano), entre o cal se inclúe a concesión a toda Hispania do Ius Latii, ou dereito de cidadanía latina, que supoñía a organización ao estilo romano para todas as comunidades que se acollían a el. As que así o facían, na percura dalgún tipo de beneficio ou avantaxe para elas, acadaban un alto grao de transformación ou romanización. E as que non, hay que supoñer que sudecía ao contrario. Loxicamente, o Imperio era o primeiro en favorecer esta corrente pois así se aseguraba a preservación da paz e da orde que facilitaría a subseguinte explotación económica.


BIBLIOGRAFÍA:
ARIAS, Felipe, A Romanización de Galicia, Ed. A Nosa Terra, Vigo, 1998, 194 pp
VV.AA (BARREIRO FDEZ., Xosé Ramón, BERAMENDI, Justo) A gran historia de Galicia, Ed. La Voz de Galicia, 2007, 255 pp
URL




E) Hábitat na Gallaecia Romana

A Cultura Castrexa que se atopan os romanos

O Bronce Final tivo na nosa terra un enorme desenrolo, con influxos de Centroeuropa e Illas Británicas e exportacións cara ao Mediterráneo, sobre esta forte base nacerá a Cultura Castrexa.

Esta, é a cultura que se atoparon os romanos cando viñeron conquistar o que eles chamaron Gallaecia, un conxunto de pobos con características comúns do noroeste da península ibérica.

1. Roma chega ao noroeste peninsular

Os Romanos chegan á península ibérica no ano 137-136 a.d.C, e no noroeste peninsular o xeneral Décimo Xuño Bruto atravesa por primeira vez o río Lethes (actual río Lima, Portugal) sendo o primeiro en cruzalo debido a que tiñan a noción de que quen cruzaba este río quedaría sen memoria. Os romanos tiñan especial interese en someter os diferentes pobos da Gallaecia dada a riqueza destas terras. Para isto chegaban a un acordo a partir dun foedus (convenio) coas xentes do pobo, unha maneira intelixente de conquistar sen guerras polo medio.

2. A sociedade baixo Roma

2.1. Organización do territorio romano

A Península Ibérica, en época romana, estaba dividida en dúas provincias: a Citerior e a Ulterior (onde estaba incluído o territorio galaico). Durante a conquista, Roma inclúe o noroeste -Asturia e a Gallaecia- na nova provincia da Lusitania, creada a partir da división en dous da antiga provincia da Ultrerior.

Ao finalizar as guerras Cántabras (16-13 a.d.C), Augusto inclúe estas dúas áreas de Asturia e a Gallaecia, na Hispania Citerior ou Tarraconense, con poboación e estructuras diferentes que formaban parte dun territorio conquistado tardiamente e, por conseguinte, menos romanizado, polo que administrativamente era unha provincia moi complexa, isto, unido á grande extensión da provincia e a localización marxinal da capital Tarraco, fixo que o emperador Caracalla no ano 212 a.d.C., separase da Tarraconense estes territorios e crease unha Provincia Nova Citerior Antoniniana.
Durante o baixo imperio, realízase por Diocleciano unha nova reorganización administrativa e militar no noroeste, alcanzando a provincia da Gallaecia unha grande extensión, pois abarcará desde o Cantábrico ate o Douro e desde o Atlántico ate o Sistema Ibérico.
A grande extensión da Tarraconense e os problemas xurídicos e administrativos que esta suscita, explica a aparición de novos conventos xurídicos como divisións territoriais das provincias, e será o emperador Vespasiano, na segunda metade do século l a.d.C., quen realice a división do territorio do noroeste. Estes son: o Lucense, coa capital en Lucus Augusti (Lugo), que abarcaría máis ou menos as provincias da Coruña e Lugo; o Bracarense, coa capital en Bracara Augusta (Braga), que comprendería as terras do norte de Portugal e máis ou menos as provincias de Pontevedra e gran parte da de Ourense; o Asturicense, con capital en Asturica Augusta (Astorga), que abarcaría o leste da provincia de Ourense, a partir do río Navea e os pobos ástures.

2.2. A sociedade
División da Gallaecia por conventus

Nas entidades organizativas da Galiza antiga estaban organizados en populi, pobos galaicos
cun territorio propio e con afinidades lingüísticas sendo unidades estábeis politicamente cunha
xerarquía política e social que se descoñece e coa posibilidade de que certas agrupacións ou civitates acolleran outros pobos sometidos á súa extructura de tamaño medio denominado castellum ou subcomunidade.

A división territorial dos romanos facíase en provincias, e na Península Ibérica a provincia Tarraconense era á que pertencía a Gallaecia, como estas provincias eran enormes os romanos subdividíronas en conventos xurídicos. Na Gallaecia había tres xa nomeados anteriormente e estes organizaron as extructuras sociais indíxenas dos populi e castellum.

2.3. Hábitat

A actividade económica influiu moito no habitat da sociedade galaico-romana, pois supuxo un cambio brusco coa sociedade precedente; a minaría, o comercio, a urbanidade... así, cambiou a relación do home co medio nesta época grazas á intrución do mundo romano na Gallaecia.

A imposición romana gradual pero decisiva acabaría provocando varios cambios e transformacións nos pobos do Noroeste, por exemplo nos principais núcleos de poboación, como as cidades de novo cuño, onde atopamos unha organización e uns grupos sociais de marcada influencia romana; en cambio nos medio, nos medios rurais do mundo castrexo, esa transformación existe pero é menor e probablemente máis lenta: non só pervive a extructura social senón tamén a sú forma de asentamento en castros, a súa cultura material e as súas crenzas, se ben todo isto irá recibindo novas aportacións e influencias traídas polo mundo romano.

A actividade económica viuse tamén decisivamente transformada baixo a Administración romana, moi preocupada polo control político e económico das terras conquistadas, promovendo un cambio nos asentamentos e nas formas de propiedade e explotación da terra.
A minería do ouro sufriu asimesmo grandes cambios: ao sistema artesán van suceder unhas técnicas de explotación mineral a gran escala, empregando a man de obra indíxena ou foránea baixo control e dirección romana.
Pero moitos dos asentamentos mineiros seguen a ser castrexos e con isto perviven formas de vida da sociedade prerromana, moitas veces con escasa integración no mundo romano. As técnicas de extracción mineira foron ampliadas e perfeccionadas por Roma, que empregou uns sistemas de explotación de xacementos primarios (sobre rochas) e secundarios ( sobre sedimentos e aluvións).

2.4. Que aportaron os romanos?

Unha das cousas máis importantes que aportaron os romanos a parte da cultura, idioma... foron as obras de enxeñaría, onde se destacan as vías romanas e as súas pontes, os establecementos relacionados co comercio e a navegación: faros, portos e sobre todo as explotacións mineiras.

2.4.1. Vías romanas

Os romanos, despois da conquista do noroeste peninsular por Augusto, Roma crea unha rede viaria que comunica as capitais dos conventos xurídicos (Astorga, Braga, Lugo) cos diferentes asentamentos urbáns, militares e rurais, ademais de darlle saída aos produtos, especialmente aos derivados da minaría, e de serviren como rutas de comunicación e de entrada de produtos importados.
As chamadas tres vías trátanse das seguintes: vía XVlll, XlX e XX. Todas estas van de
Braga a Astorga atravesando Galiza. Ademais destas tres grandes vías na Galiza existe unha ampla
rede de vías secundarias con función militares, sobre todo nos primeiros anos da conquista, e con funcións económicas, especialmente para saída ás riquezas mineiras.
Coa caída do imperio romano as vías déixanse lentamente no abandono, aínda que non foi total, pois o antigo trazado romano continuouse utilizando en moitos tramos durante a idade media e na época moderna ate a aparición da rede de estradas.

2.4.2. Pontes

As pontes, aseguraban a continuidade do tráfico viario de ahí á súa grande importancia. As existentes na realidade aínda que se poida decir que eran romanas debido á súa antigüidade non o son xa que datan dun periodo máis recente, é dicir, foron substituídas por outras máis modernas na época medieval e sobre todo baixo os Borbóns. Mais as que fican conservadas ou que teñen restos de obra romana pertencen ás vías secundarias. A mellor conservada é a ponte do Freixo, sobre o Arnoia, tamén con restos de obra romana é a ponte Vella de Ourense, que servía para salvar o río Miño.

2.4.3. Faros e portos
 (Plano romano do faro de Hércules)

Por outra banda, temos os faros e portos romanos. O faro mellor conservado hoxe do mundo romano está na Galiza, trátase da Torre de Hércules, na Coruña.
A súa presencia demostra que o océano Atlántico era unha importante ruta comercial, pois a situación do faro neste lugar enténdese en función de servir de axuda a unha navegación marítima de importancia. A súa extructura non sufriu grandes modificacións, aínda que se construíu unha nova escaleira e se pecharon ocos.
Dado o comercio existente en época romana na Galiza, deberon existir varios portos non só naturais, senón tamén artificiais, creados pola enseñaría romana.
A minaría é a actividade económica que tivo unha maior importancia na Galiza. Desde os comezos foi obxecto dunha explotación controlada directamente por Roma. A minaría máis explotada foi o ouro, aínda que os romanos tamén extraeron outros minerais, como o chumbo, o cinc, o cobre, a prata e, sobre todo, o estaño. O soporte da enxeñaría e da tecnoloxía para estas explotación achegábao a man de obra cualificada administrativa-militar, que se asentaban nos grandes centros urbanos ou en asentamentos próximos ás minas. A man de obra non cualificada que traballa estas minas era esencialmente indíxena e, polo menos na maioría dos casos, libre, non escrava.
A etapa destas explotacións comprenden, aproximadamente, os dous primeiros séculos da nosa era. A súa aparición e desaparición está en relación co funcionamento do sistema monetario romano, baseado no bimetalismo ouro e prata.


3. Baixa romanidade
A parte da reestruturación do Imperop no ano 305 d.C. polo emperador Diocleciano que crea a provincia que se chamará Gallaecia, que comprendía, a máis dos dous conventos propios da xa vella Cultura Castrexa, as terras que van do Atlántico ao Sistema Ibérico e do Cantábrico ao Douro. No século lll a crise ocasiona unha grande inseguridade e, así como vemos en moitas cidades, na Alta Idade Media érguense no curuto dos castros torres defensivas e castelos de pedra. Ademais outra característica da crise vai ser a ruralización e o reforzo no Imperio dos "cultos mistéricos" orientais entre os cales estaba o cristianismo.
No último terzo do séc. lV d.C., presenciamos no noroeste peninsular a prédica de Prisciliano e uns anos despois, concretamente no 409 d.C., penetran na Península os vándalos, os alanos e os suevos. No 411 d.C., fan un reparto e aséntanse no territorio, correspondéndolle aos suevos o que moito antes fora a Cultura Castrexa e baixo Roma formana os conventos xurídicos bracarense e lucense.
Todo o que sabemos da baixa romanidade é grazas ás necrópoles, que se trataban de cemiterios ou lugares destinados a enterramentos.  
(Tessera do Courel, Tratado romano-galaico)



Bibliografía

VV AA; Historia Xeral de Galicia , Ed. A Nosa Terra, Vigo, 1997, 393 pp.
VV AA; A Gran Historia de Galicia, T. 4, Ed. A voz de Galicia, A Coruña, 2007, 253 pp.
VV AA; A Gran Historia de Galicia, T. 5, Ed. A voz de Galicia, A Coruña, 2007, 255 pp.
ARIAS VILAS, Felipe, DURÁN FUENTES, Mª Consuelo; Museo do Castro de Viladonga, Ed. Xunta de Galicia, Lugo, 1996, 252 pp.
VV AA; Nueva Eciclopedia Universal, T. 14, Ed. Durvan, S.A. de ediciones, Madrid, 1961, 5776 pp.

URL
Castrosgalaicos.blogspot.com
Galiciaromana.blogspot.com


Por: Iria Rodríguez Herrador








Nenhum comentário: