Quem sou eu

Minha foto
Somos un grupo de segundo de bacharelato (IES Manuel Murguía de Arteixo, A Coruña) que compartimos a materia de Historia e Xeografía da Galiza, e que chegamos á conclusión de que facermos un blogue desta temática era a mellor maneira de contribuirmos á difusión deste material, área e materia, para así os alumnos podérmonos dispor dunha serie de materiais propios (textos, xeografía, temas de historia monográficos, material gráfico engadido) que favorecesen un maior coñecemento da nosa propria Historia, difundíndoa e dándoa a coñecer a un maior número de persoas interesadas, tanto no nivel do ensino como no ambiente exterior e máis popular. Sairmos das aulas e espallar a nosa memoria, hoxe descoñecida entre bosques, eras de tronos e restos pétreos de mosteiros, os de antes e os de agora.

Recensións Bibliográficas


O Exército Romano


1.     Bibliografía
WILKES, John, El ejército romano, Akak/ Cambridge, Madrid, 1990, 48 pp.
2.     Resumo
Nas 48 páxinas do libro cóntasenos a modo xeral e dunha forma simple adaptada á xuventude, o funcionamento do exército romano: os recrutamentos e os seus lugares de orixe; o dia a dia dos soldados (adestramentos, traslados do campamento, así como a súa vida cando estaban de permiso; traballos de artesanía ou enxeñaría, etc.); as armas, tanto artillaría como do equipo de cada soldado; as diferentes unidades e os rangos da lexión; as costumes relixiosas dos que integraban o exército, tanto soldados como oficiais; e narra unha batalla na que se ve ó exército en acción. No último capítulo e de forma moi reducida dinos os cambios máis significativos que se produciron. No libro tamén hai ilustracións e fotografías para dar imaxe de cómo eran os aparellos, vestimentas, etc., e gráficos para explicar de forma máis estruturada un tema
3.     O Autor
John Wilkes, o autor, non é unha persoa moi famosa, ou  quizais calquera artigo biográfico del se vexa eclipsado por outro John Wilkes con máis peso na internet coma J.W.Booth (asasino de Abraham Lincoln), ou polo que foi parlamentario inglés. De tódolos xeitos, pódese atopar en páxinas web que se dedican á venda de libros, que é autor doutro libro para esta colección como: “Hernán Cortés conquistador de México”, e outros non traducidos ó castelán nin ó galego como: “The Representative of Humanity: Between Lucifer and Ahriman”, “The Illyrians (Peoples of Europe)”, “The North Briton (1-2)”, etc.

            No libro ao que nos referimos, JW, intenta dar unha idea xeral e estrutural do que era o exército romano centrándose na época de Traxano, xa que é a época da que se teñen máis documentos grazas as esculturas da columna traxana do foro de Traxano en Roma. Nalgunhas ocasións JW narra ou pon como exemplo algún caso concreto de soldados ou dunha batalla para quizais facer máis amena a lectura, ou para poder facerse mellor á idea do funcionamento do exército.

4.     Valoración Persoal
Creo que o libro logra o que pretende. Mostrar de modo xeral como funcionaba o exército romano, aínda que ten detalles que cabe mencionar.

Ó ser un libro traducido do inglés, a tradución non é perfecta e coméntese algúns erros como traducir “wild pig” literalmente por “cerdo salvaje” en vez de “javalí”. Tampouco me gusta a forma de estruturar o texto en capítulos xa que por exemplo clasifica ás tropas especiais, dentro do capítulo sobre a vida e o traballo do exército, que entendo as súas razóns de poñelo aí, xa que se trata de soldados que se dedican á artesanía, topografía, etc. Pero creo para explicar os tipos de soldados se debería facer un capítulo a parte, ademais de que mudaría a orde dalgúns deles, explicando primeiro os grados e as unidades, e despois o xeito de recrutalas e as súas funcións.

Tamén ten detalles que son do meu agrado. Gústame do libro que é unha lectura amena, na que se poñen abundantes exemplos, tanto escritos como gráficos, en especial o do noveno capítulo onde se narra unha batalla, na que se pon sobre o capo de batalla, todo o que o libro levaba explicado.

Por: Pablo Rodríguez Gerpe






LA ANTIGUA GALICIA

A autora, Magdalena Stork, inglesa mais interesada na nosa cultura e historia, adéntrase na historia da Galiza antiga extrucrándoa en seis capítulos do seu libro: La Antigua Galicia.
No primeiro cadro: "Galicia Celta", expón en forma de conto, onde a súa personaxe principal é Brigo, a vida cotiá deste no castro. Dunha forma entretida cóntanos a vida dos castrexos: as súas vestimentas, oficios, enterramentos, posición home e a muller no marco social, a infancia, as guerras coas súas respectivas celebracións no lubre, supersticións, estruturación das vivendas, erastenios á auga...
Nun segundo cacho chamado "Un periplo griego", sitúanos cara o século VIII a.c., momento no que a princesa Iria e a súa familia saen de Grecia expulsados pola guerra civil e pasan por diferentes lares como Dugium, El Pindo, Buro Noeya e Iria antes de establecerse noas costas do río Ulla.
No terceiro cacho, "Los romanos en Galicia, Roma e Cartago enfróntanse un século e medio a.c., e vence a primeira, querendo conquistar todo o posibel para forma unha grande imperio. Na España conquistada había dúas provincias romanas: Hispania Citerior e Ulterior. Vascones, astures, galaicos e lusitanos van combater ao sur (Andalucia) contra os romanos e perden.
Decio Xuño Bruto, cónsul da España Ulterior, azuga o río do esquecemento e chega ao promonterior nerio onde desfai ambos mitosa e consegue o título de Galaico e ser aclamado polos romanos.
No cuarto e quinto cadro: "Galicia romana", Galiza fica en plena romanización snedo emperador Octavio Augusto e as tres cidades da Galiza romana pasan a ser Lucus Augusta (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). Ábrense vías principais e secundarias (unha marítima e outra que máis tarde a empregaron os peregrinos de Santiago.

Nos cultos prerromanos destácase o culto ao sol poniente do Arasolis e o culto o á deusa exipcia Isis, deusa da lúa, traído polo semitas fenicios.

Nestes capítulos destácanse tamén os comezo do cristianismo e o nome de Iria (primeira comunidade cristina da Gallecia fundada polo Santiago apóstolo), que pasa a ser Iria Flavia debido á subida do poder de Flavio Vespasiano que deu un gran pulo á romanización da Gallecia.
No derradeiro cadro chamado "Santa Marina", filla do gobernador da rexión de Limia e nada na clase elevada Galega romanizada, perde a súa nai e ao seu pai Teodulo dáa a criar a unha aldeá de confianza. Baixo a tutela desta muller aprende faenas e traballos do campo e tamén a nova relixión, pois a súa ama é cristiá.
As parroquias actuais remóntanse a aqueles tempos nos que os fieis se reunina para o culto, así, posteriormente construíronse os templos, cando Constantino proclama o cristianismo, relixión oficial do Imperio.
Marina pasa a levar unha vida de contemplación e oración como consecuencia do abandono de su pais ao decatarse que é cristiá.
Máis adiante, Magdalena Stotk, aproveita a viaxe de Xulia, filla do gobernador de Braga que fica enferma, para explicarnos as calzadas romanas (en concreto a Vía Nova ou III). Ao chegar ás termas (lugar ao que viaxa, a súa acompañante obsesionada na instancia que o lubre, lugar de reunión dos cristiáns, pasa a ser o lugar de execución das mesmas, entre elas Marina, onde morre e pasa a ser este lubre en tempos de Constantino un santuario.


Opinión personal
Desde o meu punto de vista, este libro dános tanto para aprender do noso pasado, cousa que todos os galegos e galegas deberíamos saber, como dar que pensar.
Como ben nos di a autora na introduzón, só falta que os homes que viven na Galiza (terra rica, fermosa, paisaxística...), se den de conta disto e se introduzan e interesen un pouco máis na súa historia antiga.
Como era a Galiza prerromana, romana e posrromana), esta é unha cuestión interesante que podemos resolver logo de lermos o libro.
Escrito dunha forma novelada mestúranse tradizóns con feitos e personaxes históricas como pode ser Decio Xuño Bruto (terceirocadro), Claudio (cuarto e quinto cadro) ou Flavio Vespasiano (cuarto e quinto cadro tamén) por exemplo.
Non podo dicir que gostase de todos e cada un dos cadros por igual. En verdade, impactoume o primeiro o que máis xa que a través da historia de Brigo imaxínaste un día no Castro de Borneiro por exemplo e está moi ben explicada a vida no castro.
Tampouco me disgustou seguir lendo e ver a Gallaecia en plena romanizazón, o valor de Decio Xuño Bruto para cruzar o río do esquecemento do que ninguén antes se atrevera ou como lles sorprendía algo tan simple como ver o sol porse no horizonte.
En verdade déronme ganas de viaxar no tempo cara o pasado e aparecer nunha festa no lubre ou nas terras.


Por: Iria Rodríguez Herrador


Nenhum comentário: