Quem sou eu

Minha foto
Somos un grupo de segundo de bacharelato (IES Manuel Murguía de Arteixo, A Coruña) que compartimos a materia de Historia e Xeografía da Galiza, e que chegamos á conclusión de que facermos un blogue desta temática era a mellor maneira de contribuirmos á difusión deste material, área e materia, para así os alumnos podérmonos dispor dunha serie de materiais propios (textos, xeografía, temas de historia monográficos, material gráfico engadido) que favorecesen un maior coñecemento da nosa propria Historia, difundíndoa e dándoa a coñecer a un maior número de persoas interesadas, tanto no nivel do ensino como no ambiente exterior e máis popular. Sairmos das aulas e espallar a nosa memoria, hoxe descoñecida entre bosques, eras de tronos e restos pétreos de mosteiros, os de antes e os de agora.

Historia de Galicia Moderna

Galiza, Idade Moderna (Resumo)


Co Reinado dos Reis Católicos, Galiza perde poder de autorregularse. A península Ibérica participa como parte decisiva da Monarquia Católica no poder central dun sistema mundial inicial. No XVI o volumen do comercio atlático multiplicou por oito e dinamizou a riqueza do continente europeo. Pero as bases económicas daquel imperio amosaron a súa fraxilidade. O Atlántico constituiuse no espacio do gran comercio e os países costeiros cambiaron de función económica, modificaron os cultivos para alimentar unha poboación crecente. A Galiza do XVII tamén modificou os cultivos e creceu demográficamente en contraste co resto da coroa de Castela. A dependencia do centro hispánico da Monarquía debilitou á Galiza culturalmente e non pudo manter o seu medre interior; demografía e producción estancáronse.

Demografía:

A Galiza do Antigo Réxime aparece como relativamente moi poboada e con crecemento sostido e constante. A natalidade era moderada. A mortalidade baixa para aquela época. Unha poboación eminentemente rural e as ciudades non superaron os 20000 h.Pontevedra, no s.XVII converteuse en refuxio da nobreza nunha decadencia portuaria e artesanal inacabada. Ferrol foi elexida por Patiño en 1726 para estaleiro militar.
O fenómeno migratorio non estivo nunca ausente na Galiza moderna. As segas ao centro e ao sul da Península, servía para completar os ingresos familiares. No XVIII, a relación entre recursos e populación fíxose difícil e apareceu así unha emigración definitiva.

Producción:

Arredor do 1500, a clase feudal apropiábase de gran parte do producto agrario obtido polos campesiños. O ar comercial refrixerou a economía galega do XVI sen dominar sobre a estrutura agraria tradicional.Tal comercio impulsou o crecemento das ciudades e das vilas marítimas:Pontevedra, Vigo, Baiona, Noia, A Coruña, Viveiro e Ribadeo. A circulación mercantil influiu na extensión da producción agraria e modificou certas relación sociais.O seu saldo comercial era excedentario, exportaba ao resto de España algún pescado e moito gando, madeira a Portugal, viño de Ribadávia a Biscaia.
No XVII, introducironse novos cultivos na agricultura,intensificouse o cereal e a ganderia, disminuiu o barbeito, utilizaronse abonos naturais no estercado e o millo groso substituíu o miudo. Da riqueza gandeira temos datos abundosos no XVIII. Ampliouse a estabulación tanto na busca de maior productividade como para obter esterco.

A actividade pesqueira:

A actividade pesqueira, que na Idade Media acadara mercados no Mediterráneo e Atlántico, mantívose no XVI. Pontevedra, cun importante gremio de mareantes, tiña o control da pesca na Ría e o monopolio do peixe salgado. Desde 1588 disminuiu a pesca polas trabas impostas aos barcos que debían levar protección armada doutros navíos.

Artesanía e comercio:

A artesanía galega situouse principalmente no campo. Ata a segunda metade do XVIII a actividade textil a fabricación era doméstica, a comercialización era local, incluso se aproveitaba a emigración ás segas para a venda exterior.A partir de 1750 a produción aumenta, o sector textil empezou a contar con factorías de inspiración holandesa e con tecnoloxía británica. En 1692, Salaber abriu unha factoria de sombreiros, en Sada Roo e Kiel unha de panos finos e outra de cordelería para a armada, pero non estaban suficientemente ancoradas no país, eran enclaves frente a unha forte competencia inglesa que pronto se quedaría con todo o comercio de Latinoamérica e as factorías galegas derrúnbanse no XIX.
A construcción de barcos, tivo nos estaleiros militares de Ferrol un esplendor fugaz no XVIII, que lle deu á cidade un contraste agudo de crecemento e decrecemento. Outra experiencia local foi a de Sargadelos, que se inicia por A.R. Ibañez,un mercader enriquecido mediante a importación de aceite e materia prima para os tecidos. Na reconquista de Ribadeo polas tropas anti-napoleónicas, a vida de Ibáñez perigou e morre, pero, a factoria prosegue dirixida polos seus herdeiros.

Fases económicas:

A economía de Galiza non era moi brillante, pero tampouco verificaba condicións de pobreza.
Hai unha primeira fase no XVI de leve expansión beneficiada pola abertura comercial a América. Unha segunda fase de 1580-1630 de contracción debida a fenómenos monetarios e a outros factores como a perda do direito de habilitación comercial con América de só ida concedido á Coruña e Baiona. Drake cercou A Coruña e as milicias mandadas polos condes de Lemos e de Monterrei acudiron en auxilio da cidade. Na terceira fase de 1631-1753 é de constante expansión, freada no Sul durante as guerras de independencia de Portugal, e relantizada no XVIII. Os prezos disparáronse en 1725, os salarios reais descenderon; e mentras a España do XVII importaba tecidos e peixe seco para o consumo e a exportación, Galiza defendía a súa produción ubicando no rural a artesanía. Os gremios perderon o control desa produción e os mesmos campesiños eran comerciantes. Na cuarta fase de 1753-1813 hai un descenso na produción agraria só parcialmente compensada polo auxe comercial a partir de 1764. Continúa a alza de presos e o descenso dos salarios reais. A emigración expresa o custe de tal desaxuste económico e a carencia dunha política de ruptura.

Sociedade galega:

A sociedade da Galiza moderna era estamental; nobreza e clero como estratos superiores e privilexiados sobre o estado común. O poder dos grupos privilexiados estaba na extracción de rendas gracias á propiedade da terra e da fincabilidade urbana. Entre a alta nobreza e o estado común aparece a fidalguía que desde o XVI crece ata estabilizarse no XVIII. A nobreza de título fíxose cortesana, misturándose coa española. As dúas grandes casas galegas, Lemos e Monterrei quedaron engullidas pola de Alba por sucesivos matrimonios a finais do XVIII. A fidalguía constituida por fundacións do clero baseou a sua función na administración dos bens de fundacións eclesiásticas e nobiliarias. Vive do agro nos pazos e logo residenciase nas vilas e ciudades como domicilio segundo.
O clero dividíase en duas ramas paralelas: regular e secular. O maior número de regulares era o dos monxes, seguido dos mendicantes. Os mosteiros galegos mais numerosos e as rendas máis abundantes eran tanto bernardos como bieitos. Os mendicantes influían mais nas vilas e ciudades mediante a predicación periódica ao rural.

Campesiñado:

A grande maioría da poboación galega estaba formada por campesiños, arredor dun 2% competían coa fidalguia rica, outro número reducido gozaba de altos ingresos e o labrador mediano é un foreiro de duas hectáreas. Clero e fidalguía son os grandes receptores, o campesiñado queda só co pan.

Conflictividade social:

Houbo unha conflitividade vertical e outra horizontal. Na primeira cabe enumerar a oposición aos trabucos da Monarquía, as revoltas contra os señores feudais e o primeiro ludismo. Na segunda figuran os preitos e campañas sobre os despoxos do clero e fidalguía e destes dous contra a burguesía emerxente. As rebelións mais encirradas déronse entre campesiños e señores desde o XVI ao XVIII. En 1696 apareceu unha rebelión contra San Estebo de Ribas de Sil. Contra o Conde de Monterrei que percibía foros e dereitos señoriais tamen sostiveron os seus vasalos da xurisdición de Xinzo varios preitos moi longos. Tamén o conde dwe Lemos tivo preitos e sofreo algueiradas dos seus solaregos, queixábanse das inxustizas e ameazas. Esta loita contra os excesos do poder tamén se dirixiu máis alto, contra os trabucos reais.A suma de opositores, campesiños pero tamén fidalgos, ergueu un movemento que ameazaba con abranxer toda Galicia. A conflitividade agachada no seo das clses privilexiadas mostrouse no intento de transferir terras aforadas a outro foreiro. O clero posuía máis do 50% das terras cultivábeis e a nobreza parte do resto, ambos tíñanas dado maioritariamente en foro, a fidalguía engrosara sobre estos foros e de aí viña a discrepancia cos grandes mosteiros.

Cultura:

A análise da cultura galega durante o Antigo Réxime monstra a disimetría cos restantes centros da coroa castellana. A penetración da lingua castellana foi lenta, iniciouse cos escribanos, autoridades civís e eclesiásticas enviadas de afora no XV, XVI e seguintes. Os mosteiros e conventos, sometidos a autoridades e xestionados por non galegos como bispados, case na totalidade, abandonaron o galego como lingua usual. Nos centros de ensino dirou máis tempo o uso do galego, nos de gramática traballábase sobre o latín e o castellano; isto mesmo acontecía na universidade de Santiago, as festas minervais proban a permanencia da fala galega extra-escolar. No XVIII incidiron grupos foráneos, como sector castellanizante. A gran producción literaria galega do Medievo desaparece. O primeiro libro impreso na Galiza foi o Breviario Compostelano. Fronte á escasez literaria do Renacemento, abunda a plástica e musical. Se o barroco supuxo unha expansión só comparabel co románico, o renacemento foi importante. Desde Santiago penetrou en toda Galiza, traído por artistas europeos. Os Mestres máis coñecidos do prateresco foron os que levantaron o claustro da catedral de Santiago, Santa María de Pontevedra, ou Fonseca. A arquitetura barroca compostelá deu rostro á cidade desde a catedral que recobriu con torres e fachada. Arquitectos, escultores e pintores barrocos forman os capítulos máis longos da nosa historia da arte. Menos forza e penetración tivo o neoclásico.

Institucións ideolóxicas:

Antes do Concilio de Trento houbo conatos de reforma cristiá, ía dirixida aos mosteiros e clero secular, pero buscaba unha catequese máis persoal dos fieis. Entre os axentes desta reforma houbo bispos, monxes e frades. A influencia dos xesuitas foi crucial nas clases nobres e burguesas, mentres os mendicantes seguían máis perto do estado común e a reforma católica na Galiza do XVI foi absorbida pola Contrarreforma.
A igresa galega seguía preocupando e para tela pechada a todo influxo exterior había un medio eficaz, a Inquisición, que foi o grande instrumento para modificar a ideoloxia e o comportamento politicorrelixioso dos galegos.

Ensino:

O ensino dependía maioritariamente de igresa, numerosas escolas eran levadas por cregos ou sostidas pola igresa e encargadas a particulares asalariados. No XVIII foron moitos os concellos que tomaron interese no establecemento de centros ao seu cargo. A escola de avenzar non foi obxecto do interese da Monarquía ata Carlos III, nese reinado aparecen as primeiras normativas sobre a utilización do castellano como idioma nas aulas. A función castellanizante da escola empezaba a tomar voos ata constituirse no instrumento fundamental desa tarefa desde o XIX a hoxe.

Hospitais:

Os hospitais eran un pouco a síntese do sistema asistencial da época. Nos máis importantes había médicos no resto eran sitios de acollida dos enfermos pobres e centros terminais deses mesmos. O número deles era alto desde o XVI houbo a tendencia a reducir o número e a mellorar a atención.

Os ilustrados galegos:

Feixóo e Sarmiento recollen a insatisfacción das escolas monásticas nas que os debates contra as imposicións castellanas foran longas. Feixóo atacou o luxo da nobreza e do clero que resultaba insultante para un campesiñado empobrecido, Sarmiento flaxela a represión cultural do funcionarado e do clero foráneo e postula métodos de educación desde a língua do país.Participou con memoriais na busca de solución aos problemas da pesca, dos despoxos e do minifundio. Á sombra un tanto das reformas de Campomanes, apresentaron diferentes propostas ilustrados como Cornide, Castro, Somoza e Jove.Dentro dos fisiócratas podemos mencionar a Pedro A.Sánchez e a X.Lucas Labrada.

Sistema político, administración:

O apoio do poder monárquico estaba no exército real de mandos nobiliarios, nun funcionariado, onde a venda de cargos era habitual. A política da Monarquia Católica era similar tanto nas colonias como en territorios moi diferenciados.    


Bibliografía


VVAA(Francisco Carballo): Historia de Galia, ed. ANT, Vigo, 1991

Por: Sergio Calvelo Blanco









A GALICIA DO ANTIGO RÉXIME

A denominación do Antigo Réxime foi empregada polos revolucionarios franceses para referirse ó modelo de sociedade existente en 1789, en oposición ó Novo Réxime.Esta etapa, tamén coñecida Idade moderna,Galicia estaba integrada como unha provincia máis, na coroa de castilla.Galicia non protagonizou durante esta etapa,acontecementos desde o punto de vista politivo.As actividades económicas mantiveron un predominio das actividades agrarias e artesanais.Nos aspectos sociais cómpre destaca-la consolidación do grupo da fidalguía.Desde o punto de vista das manifestacións artísticas,floreceron en Galicia dun modo espléndido durante o período do barroco.

A.Goberno e administración
Unha característica básica do Antigo Réxime foi a política centralizadora e uniformizadora. Foi labor dos RR.CC. someter a una nobreza acostumada a gozar de numerosos privilexios. Galicia funcionou como unha única unidade política e administrativa: a provincia de galicia ou reino de Galicia.
A.1.Control e uniformización
Galicia viu sensiblemente recortada a súa autonomía no transcurso do Antigo Réxime.
A.1.1 As primeiras medidas.
O período comprendido entre 1480 e 1520 marca para Galicia a etapa de tránsito entre dúas épocas, a medieval e a moderna. Nesta etapa foron creadas unha serie de institucións de goberno. Se 1840 foi o ano do inicio do control real sobre o reino de Galicia, 1520 supuxo a confirmación do papel secundario. Esta etapa mereceu diferente valoración seundo épocas e historiadores, compre destaca-las seguntes:
-Control polítco: unha das primeiras actuacións dos RR.CC. foi o nomeamento, en 1475 do Presidente y gobernador de todo el reino de Galicia,con amplos poderes para gobernar e administrar.A Real Audiencia  foi creada en 1480.En 1578 instalase definitivamente a Real audiencia na coruña.A viaxe de 1486 foi a culminación do proceso de cambios iniciado do reinado dos RR.CC.
-Sometemento da nobreza: O triunfo do bando isabelino na guerra en 1479, permitiu ós RR.CC. tomar unha serie de medidas tendentes ó definitivo control da nobreza galega, destacan:
*os señores deben abandona-las fortalezas, non poden ter encomendas sobre           mosteiros,abolición de privilexios.
-Reforma do clero
-Orde pública e paz interior
-Os correxedores

A.1.2 Reacción nobiliaria
Trala norte da raíña Isabel, houbo un retroceso xeral do poder real na coroa de castila.
A.1.3. As reformas bobónicas.
Sobre as institucións que viñan funcionando engadiuse no S XVIII a Intendencia, unha institución que contribuíu poderosamente ó reforzamento do centralismo.
A.2.  O goberno galego
Galicida formou parte da coroa de castilla co título de reino. A representación deste reino correspondía á Junta del reino.( organismo formado por deputados que se reunían para tratar asuntos referidos ó conxunto do reino de Galicia).Un dos aspectos importantes foi o voto  en cortes,perda dos votos para Galicia.
A.3 Organización do territorio
O territorio de Galicia tivo a consideración dunha unidade, o reino de Galicia. No seu interior, mantiña unha organización en provincias, primeiro 5 e logo 7.Estas provincias estaban divididas en concellos (urbanos e rurais) e coutos.

B. GALICIA NA POLÍTICA DA MONARQUÍA HISPANA

A posición periférica do reino de Galicia,existencia de instuticións de goberno pouco combativas, e a progresiva centralización levada a cabo por Austrias e Borbóns, condicionan e ecplican a dependecia da política de Galicia con respecto á política da monarquía.Os problemas máis significativos estiveron nas cosatas e nas zonas froteirizas do Sur.
B.1. O problema corsario.
Durante todo o Antigo Réxime, as costas de Galicia foton obxectode continuos ataques por parte de barcos corsarios franceses e piratas de varias nacionalidades.
B.2. Ingleses nas costas Galegas
-Ataque á coruña. Está enmarcado no contexto de rivalidade anglo-española. En conclusión deste ataque a cidade da couña resistiu un duro ataque.Moitos coruñeses defenderon a cidade (María Pita, e Juan Varela destacan)
-Ataques á Vigo. Os ataques máis graves tiveron lugar nas primeiras décadas do século XVIII.As escuadras inglesa e holandesa lograron o seu próposito, entrando no porto de Vigo por mar e terra.
B.3. Galicia e a guerra de liberación portuguesa
Contamos con noticias de problemas entre España e Portugal na zona da fronteira.Entre 1642 e 1668 houbo problemas bélicos na fronteira do Sur de Galicia.Os últimos conflictos producíronse en 1665 cun ataque portugués,pero as accións non teñen continuidade,a cuestión parece zanxada,unha vez que Portugal consegue o recoñecemento definitivo da súa independencia.

C. A POBOACION

Durante o Antigo Réxime Galicia experimentou un considerable crecemento da poboación, constante e sostido, pero non foi uniforme.
C.1. Un crecemento sostido pero desigualmente repartido.
-De mediados do século XV a finais do XVI: trátase dunha é0320poca de expansión xeral en Europa
-De finais do século XVI a mediados do XVII: A etapa iniciase cunha caída demográfica
-De mediados do século XVII a finais do XVIII:A poboación recupera o seu ritmo de crecemento
C.2. Os problemas demográficos
-As pestes:Efectos de mortalidade notables,para evitar contaxios as autoridades establecen unas normas.
-Crisis de subsistencias:Eran frecuentes e os seus efectos sobre a poboación orixinaban unha serie de reaccións en cadea.
-Falta de asistencia médica e sanitaria:A ausencia de medidas de carácter médico e sanitario dificultaban o control de enfermidades contaxiosas ou a curación de males.
-En busca de solución: A emigración actuou como válvula de escape.

D.ECONOMÍA DE BASE AGRARIA

Pódense establecer catro grandes fases:
-1480-1580: expansión beneficiada polo comercio colonial, aunmento  da demografía.
-1580-1630: Fase de contracción .
-1630-1750: Fase expansiva freada polos conflictos das guerra de liberación portuguesa.
-1750-1808: Fase clave do reformismo borbónico,orixina unha economía en alza coincidente.
D.1. As actividades agrarias
D.1.1. Os cultivos tradicionais.Papel do viñedo.
A consecuencia da elevación dos presos e da demanda da poboación aparece especialmente o cultivo da vide.
D.1.2.Os novos cultivos
Vanse introducir en Galicia novos productos cun protagonismo fundamental na economía e na dieta alimenticia de tódolos galegos.
-O millo: explica en boa medida o crecemento da poboación nos séculos XVII e XVIII
-As patacas:coñecidas dende había moito tempo pero eran empregadas como alimento do gando porcino.Os rumores que corrían sobre as enfermidades que orixinaban retrasaron a súa expansión.
D.1.3.Explotación do gando e do monte.
Na economía galega do Antigo réxime xoga un papel fundamental o monte, que era comunal nunha alta porcentaxe.
D.2 A pesca
Hai unha importante recesión do sector durande o século XVII.Oixinouse un abandono progresivo da pesca, que quedou reducida a unha actividade de subsistencia nos períodos nos que os deixaban libres o servicio da Real Armada
D.3. O desenvolvemento artesanal e industrial
O predominio das actividades rurais indica un mantemendo das actividades artesanais relacionadas co mundo agrario.
D.3.1.Actividades do mundo rural
A principal actividade productiva  directamente co mundo rural era a textil.Galicia contaba cunha vella tradición do cultivo do liño.Os curtidos tiveron unha certa relevancia.Desapareceron as ferrerías.
D.3.2.Dous enclaves industrias:Ferrol e sargadelos
-A construcción naval de Ferrol constituíu unha importante actividade industrial
-A siderurxia de Sargadelos:importante experiencia.
D.4.Os intercambios comerciais
Foi un sector especialmente desenvolvido.
D.4.1 O comercio interior
Feiras e mercados eran os lugares tradicionais da transacción comercial.
D.4.2.O comercio exterior.Os intercambios coloniais.
-Un dos primeiros intentos de potencia-lo comercion con América foi a creación da Casa da especiería.
-Outro fito importante en relación co comercio exterior foi a creación dos Correos Marítimos
-Unha nova oportunidade se lle brindaba a Galicia coa Real Compañía Comercial de      Galicia(oportunidade desaproveitada).
-Publicaronse os Decretos de liberdades de comercio.
-En 1785 o rei Carlos III concede á coruña a sede un Cosulado Marítimo y  terrestres.
-Solucións de emerxencia para a crise.(A 1ª medida o corso, unha actividade mercantil, a 2ª medida foi a trata de negros)

E.SOCIEDADE ESTAMENTAL

Caracteriza o Antigo Réxime unha organización social baseada no privilexio,trátase dunha sociedade desigualada desde o punto de vista xurídico.
E.1 Os non privilexiados
Eran campesinos,traballaban terras que case nunca eran da sua propiedade,podénse establece-los seguintes grupos: campesinos ricos, campesinos medios,campesinos pobres
E.2.Os privilexiados
Controlaban a maior parte da riqueza galega.Basean a sua riqueza económica na percepción de rendas agrarias derivadas da súa posesión das terras, traballadas e explotadas por campesinos: -A nobreza,-O clero
E.3.A consolidación da fidalguía
Constitúen un grupo intermedio entre os propietarios e os usufructuarios.O ascenso e configuración da fidalguía galega  como grupo de poder explícase pola estructura e organización da propiedade da terra
E.4 A conflictividade social
-Conflictos en torno ó mar, - Protestas contra os impostos, -Conflictos dos despoxos,-Protestas contra as levas,-Conflictos cos señores xuridiccionais

F.ENSINO E CULTURA

F.1 Os estudios de primeiras letras
Ler,escribir e contar eran os obxectivos das escolas de primeiras letras.O tipo de ensinanza nas escolas de primeiras letras era repetitivo e memoríatico.
F.2 Os estudios superiores
Estaban centrados na universidade de Santiago
F.3 A ilustración e ilustrados galegos
A nómina de ilustrados galegos é longa, destacando a dominada pléiade dos doce:Feijoó Sarmiento,Cura de Fruíme,Francisco de Castro,Cornide ,Sobreira,Pedro Antonio Sánchez,Rodriguez González,Somoza de Monsoriú,Sande Lago,Herbella Puga,Labrada.
F.3.2.Institucións ilustradas
-Academia de Agricultura del Reino de Galicia,-Sociedades Económicas de Amigos del País,-Real consulado Marítimos e Terrestre.

G.AS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS

Tres estilos artísticos desenvolvéronse en Galicia:
G.1. A arte renacentista
-Estilo plateresco,-Estilo pluralista,-Estilo herreriano ou escurialense
A escultura renacentista foi introducida por artistas vidos de fora.A pintura ten escasa representación en Galicia.
G.2 A arte barroca
Representa para Galicia unha etapa de plenitude e esplendor artístico.
    A arquitectura relixiosa presenta dous momentos diferenciados:
-Século XVII,para rematá-la igrexa de San Martiño Pinario (Bartolomé Fernández Lechuga)
  -Século XVIII,o arquitecto máis destacado deste século foi Fernando Casas Novoa.obra o   obradoiro.
A arquitectura civil está representada polos numerosos pazos que se construen en Galicia.
   A escultura barroca galega foi iniciada por Francisco de Mourem introduce os novos gustos:dinamismo,expresividade,sentimento ,paixón,patetismo,realismo….
A Pintura resulta escasamente significativa.Antonio puga foi un excelentepintor galego
G.3 A arte neoclásica
A mediados do século XVIII, unha nova estética moito máis erudita e académia coa que se quere frena-la exaltación barroca.
A arquitectura, recupera ordes e elemento do mundo clásico de Grecia e Roma.
A escultura busca unha beleza puramente formal,moi afastada das apaixonadas e ecpresivas da época barroca.
A pintura abandona os xogos de claroscuro tan do gusto do barroco para dar paso a unha pintura de cores claras e de luz difusa que ilumina por igual toda a composición.

BIBLIOGRAFÍA
ROMERO MASIÁ,Ana, Galicia CC.SS. xeografía e historia, A Coruña, Baía, 1977, 495 pp.

Subida por Carla Sánchez Edrosa.

Nenhum comentário: