Quem sou eu

Minha foto
Somos un grupo de segundo de bacharelato (IES Manuel Murguía de Arteixo, A Coruña) que compartimos a materia de Historia e Xeografía da Galiza, e que chegamos á conclusión de que facermos un blogue desta temática era a mellor maneira de contribuirmos á difusión deste material, área e materia, para así os alumnos podérmonos dispor dunha serie de materiais propios (textos, xeografía, temas de historia monográficos, material gráfico engadido) que favorecesen un maior coñecemento da nosa propria Historia, difundíndoa e dándoa a coñecer a un maior número de persoas interesadas, tanto no nivel do ensino como no ambiente exterior e máis popular. Sairmos das aulas e espallar a nosa memoria, hoxe descoñecida entre bosques, eras de tronos e restos pétreos de mosteiros, os de antes e os de agora.

Xeografía da Galiza


 Hidrografía e Bioxeografía



A rede fluvial
O conxunto dos ríos galegos presentan dúas características unha é o trazado dos álveos de auga as liñas de fractura do relevo e outra é a diferenza marcada entre a costa e o interior os ríos costeiros alimentanse fundamentalmente das augas da choiva e a súa máxima crecente coincide cos meses invernais, e do interior ao neceren ou teren afluentes nas serras orientais, onde é frecuente a neve ofrecen dou máximos un outono-invernal e outro primaveral.

Bacías máis importantes
A bacía Miño-Sil draina un terzo da extensión total de Galiza. Outras dúas bacías importantes son as do Tambre e Ulla. O primeiro nace nos estribamentos de serra da Cova da serpre e desemboca na ría de Muros e o outro nace en Fonte de Ulloa e desemboca na ría de Arousa.

Os solos
Unha das características dos solos galegos é a súa acidez, a súa forte acidez foi combatida polos labregos coa utilización de materias vexetais especialmente o toxo. Podemolas agrupar en tres grupos: subacuáticos, semiterrestres e terrestres.
-Subacuáticos: máis que solos son productos que se acumularon debaixo da auga, nos esteiros, nas rías, etc…
-Semiterrestres: é un chan asociado xeralmente ás marxes dos ríos.
-Terrestres: aparecen libres de auga de modo permanente e son os máis abundantes.

A vexetación
Na Galiza oriental e do sur, os bosques dominantes están formados polo carballo cerquiño que se relaciolna cos dominios climáticos, oceánico continental e mediterráneo. Os soutos tamén son moi abundantes en Galiza.
Os breixos, toxeiras, xesteiras e quirogais son típicos da Galiza; case podemos dicir que son a paisaxe vexetal galega.

A fauna galega
A fauna galega baséase en elementos norteños con aportacións de coespecies mediterráneas.
Dentro das características da fauna galega hai dúas circunstancias importantes; unha a situación bioxeográfica de Galiza que permite acoller a especies centro-europeas e mediterráneas e outra a distribución e variedade dos biotipos.

Sobor do Miño
O Val do Miño ordeáse no senso da chamada criadora de formas do río en tres tempos:
Miño lucense, Miño ourenseano e Miño tudense.

Bibliografía

PEREZ ALBERT, Augusto, Xeografía de Galiza, Santillana, España, 1979, 112 pp.






Por: Sergio Calvelo Blanco








O clima galego


GALIZA: UN PAÍS DE TRANSICIÓN

Fálase adoito da uniformidade climática de Galiza. Así etodo, debido á súa posición de transición entre o mundo mediterráneo e atlántico, presenta características comúns aos dous climas.
En ocasións hai un predominio case que total do clima atlántico, como pasa na costa setentrional e noroeste ( abundantes precipitacións, temperaturas suaves). Outras veces son as características do clima mediterráneo as que mandan.

A DIVERSIDADE CLIMÁTICA: OS DOMINIOS CLIMÁTICOS FUNDAMENTAIS

Podemos sintetizar en tres grandes áreas a diversidade climática galega. Unha primeira que colle todo o litoral coas características propias do clima oceánico-húmido.
Conforme nos aproximamos ao sur vanse perdendo as citadas características. Unha segunda área, que colle o sector central da Galiza onde aparecen características propias da meseta, pode denominarse oceánico-continental.
Por fin, na Galiza do Sul e do Sudeste toman a primacía as condicións mediterráneas. Chamaremos a esta área oceánico-mediterránea.
- DOMINIO OCEÁNICO-HÚMIDO
A costa galega vai desde a desembocadura do Eo, en Ribadeo, deica a do Miño, na Guarda. Climáticamente caracterízase pola abundancia de precipitacións, superiores aos 900 mm anuais.
Dentro desta zona litoral, compre diferenciarmos o tramo norte e o noroeste do central e, especialmente, do meridional. Ao que imos descendendo cara o Sul, cara as rias Baixas, a temperatura media sobe e as precipitacións fanse máis torrenciais. Nesta zona litoral os dias de xeada son escasos ou nulos.
- DOMINIO OCEÁNICO-CONTINENTAL
As comarcas centrais da Galiza -Terra Chá, Terra de Chantada, A Ulloa, Sarria, Monforte, etc- presentan unhas características abondo diferentes das que atopamos na costa. As precipitacións seguen a ser abundantes porén, a configuración do relevo dálle unha certa continentalidade que se pode confirmar ao observarmos unha temperatura media que baixa claramente. Son moito mais frecuentes en forma de neve, igual que as xeadas.
- DOMINIO OCEÁNICO-MEDITERRÁNEO
Conforme nos abeiramos as comarcas do Sul e do Sudeste (O Ribeiro, a Limia, Val do Sil, etc), o clima toma unhas características diferenciais. As precipitacións baixan e fanse mais estacionais; as choivas concéntranse nos meses do outono e do inverno e os meses do estío teñen un grande déficit de auga. A temperatura media anda polos 14 graos. Isto podía facernos crer que tal dominio climático parecese ao costeiro. Con todo, a media manténse porque soben as temperaturas medias dos meses mais cálidos e descende a dos meses máis fríos.
- ZONAS DE TRANSICIÓN
Entre os dominios citados existen amplas zonas onde as condicións presentan rasgos de transición. Nas serras e nos vales dos ríos aquelas varían. A altitude é motivo da peculiaridade climática das serras; nos vales introdúcese moitas veces a influencia do mar. Achamos así zonas onde coexisten condicións comúns a máis dun dominio.

OS TIPOS DE TEMPO

Ao falar de tempo, referímonos ás condicións atmosféricas dun lugar determinado nun momento dado. Clima sería, o "tempo máis común" nun lugar. Podemos dicir que o tempo é algo inestábel, cambiante, que é e non é no espacio de poucas horas.
Na evolución do tempo teñen un rol fundamental os centros de acción: os ciclóns, e osanticiclóns.
O anticiclón das Azores e os ciclóns do Atlántico Norte son os dous grande centros de acción que afectan a Galiza. Do xogo de forzas que entran en acción estes centros surxe a sucesión de tempos en Galiza.
A partir do mes de outubro as temperaturas comezan a baixar e medran as precipitacións. Nos meses posteriores, co influxo dos ciclóns nordatlánticos, seguen subindo as precipitacións e refrescando as temperaturas, que en xaneiro chegan ao mínimo.
O influxo do anticiclón das Azores faise notar en xaneiro, febreiro e marzo. Disminúen as precipitacións e crecen os fríos e as xeadas. Durante estes meses son frecuentes os días de sol, fríos, con ventos do Norte.
Os meses de abril e maio soen ser os máis suaves en Galiza. Sobre todo dende o punto de vista das temperaturas.
En xuño comezan a baixar as precipitacións e a aumentar as temperaturas. Xullo e agosto son os meses mais secos, especialmente na Galiza interior. Setembro é un mes de transición.
Durante os meses estivais, nas comarcas da Galiza central e nas dos vales meridionais o forte aquecimento do chan pode orixinar a formación de nubes tormentosas, que ás veces acaban en forma de saraiva.
Tamén son dos meses estivais as brisas montaña-val nas horas do serán.


Por: Daniel García


Nenhum comentário: